PRESENTACIÓN DE HUGO VALLEJO : “VEÑO A APORTAR O QUE FAGA FALTA E ME PIDA O MISTER”.

 

O xove talento da canteira do Málaga CF foi presentado en rolda de prensa por Richard Barral.

Apuntou de que non hai ningunha cláusula que lle impida xogar co equipo malagueño e que está “moi contento de chegar a un club histórico e veño para aportar o que faga falla, o que mister me pida”.

Explicou a sua saida do clube andalúz : “Foi todo un pouco complicado. Empecei co primeiro equipo e despois baixáronme ao filial. Xurdiume a oportunidade do Madrid e vir aquí e estou moi agradecido, motivado e ilusionado”.

Falou do que lle pareceu Fernando Vázquez : “O primeiro contacto foi moi ben. É un home estrito, pero fai falta iso. Que meta cana e aperte”.

Richard Barral apuntou que é unha cesión “pura e dura. Ata final de tempada”. Ten ficha do Fabril ao ser Su 23.

 

 

Artigo de características e da fichaxe de Hugo Vallejo : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.