Emre Çolak foi presentado acompañado por Toño Armenteros, presidente interino do RC Deportivo e co seu traductor. O turko falou da felicidade que lle supón voltar o clube e afiando que é “galego” : “Estou moi feliz por estar aquí. Oxalá volva dar o mellor de min para o equipo. Estou moi agradecido a todos os que fixeron posible a miña fichaxe. Estaba a adestrar e tiña algunhas ofertas, pero Ríchard Barral, chamoume e díxome que tiñamos que axudar ao Dépor. Despois desa chamada non o pensei máis e decidín volver a casa. Téñolle moito respecto a este club e a esta cidade, vou dar o mellor de min…sou galego”.
Ainda que segundo comentou non xogará ante o Numancia, e farao o día 12 na Copa do Rei ante o Unionista de Salamanca, (12:00 horas-11:00 GMT), tal e como lle dixo o adestrador di estar : “Fisicamente estou moi ben, estiven traballando cun adestrador persoal e só me falta adestrar un pouco máis co equipo”.
Sobre a situación do equipo cre que : “aínda queda moito e podemos saír. Se gañamos dous ou tres partidos o ambiente vai cambiar moito”.
Non sabe porqué non xogaba no Al-Wehda, e dixo que “foi un pouco difícil” a situación.
FIRMA DO ACORDO ECONÓMICO ON ABANCA
Toño Armenteros confirmou que hoxe asinarase o acordo económico con ABANCA que salvagardará o futuro económico do clube e que fará que aumente o tope salarial de cara a traer máis reforzos e para o futuro máis inmediato do clube. Segundo dixo o presidente interino do RC Deportivo mñán explicarase en rolda de prensa o acordo ca entidade galega.
A CALIDADE DE EMRE ÇOLAK
https://www.youtube.com/watch?v=y4zIlfaVUwQ
-Foto : piratasdemuxia.es
-Texto : Vídeo/piratasdemuxia.es
-Vídeo-Rolda : Canle de YouTube do RC Deportivo
-Vídeo xogadas : ThisIsIt55MJ
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.