PRESENTACIÓN DE BORJA GALÁN : “SÍNTOME MOITO MÁIS XOGADOR”.

Borja Galán presentado en Abegondo

Chegou fai 3 anos ao Fabril, acadou o ascenso a 2ª B e o ano pasado Cristobal Parralo, sabedor da sua valía levouno para o UD Alcorcón. O Depor cedeuno ca condición de repescalo de balde antes dunha data e así foi. O madrileño xogou máis de 30 encontros cos madrileños e amosouse un xogador máis maduro, máis desequilibrante, o que fixo que o RC Deportivo fixese efectiva esa clausula de “repesca”.

Hoxe foiu presentado pola mañán en Abegondo a carón do Director Deportivo, Carmelo del Pozo e amosouse “moi contento de haberme gañado o dereito a voltar”, pois segundo o extremo deportivista : “A miña noiva é de aquí, teño moitos amigos, é unha cidade espectacular e espero estar moitos anos“.

Borja tamén é conscente do ben que lle fixo a cesión : “Síntome moito máis xogador. Son máis de 30 partidos en 2ª e é unha bagaxe importante. Considero que crecín como xogador e como persoa, estou máis feito, con máis descaro e desequilibrio”.

Abaixo na portada da web tes os nosos “Vídeos Recomendados” nos que tes o completo estar rolda de presentación de Borja GFalán de 8,30 minutos de duración, así como tódolos vídeos que sube o RC Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies