Foto Ager Aketxe en Abegondo : rcdeportivo.es
Ager Aketxe foi presentado en rolda de prensa
O xogador vasco Ager Aketxe foi presentado pola mañán en Abegondo antes da primeira sesión de adestramentos de pretempada do equipo, que está a facer dobre sesión, (mañán e tarde). O novo extremo deportivista dixo haber quedado : “Prendado do club, cando vin a infraestrutura que ten, do familiar que é. É un club de Primeira que por cousas está en Segunda. Axudar a que o equipo volva onde merece”.
Carmelo del Pozo, Director Deportivo do Club abriu o acto e agradeceu “tanto a Ager como o seu axente a súa predisposición a vir a este proxecto, porque un xogador tan específico e das boas características que ten el tiña posibilidades de Primeira. Entendeu que o proxecto de aquí é exactamente importante para estar connosco. Moitas grazas por vir, e esta é a túa casa”.
Logo falou Aketxe que dixo que foi clave o grande interese de Carmelo, o proxecto que lle presentou e a opinión de Eneko Bóbeda : “Carmelo tivo interese en min desde hai tempo e cando souben como ía ser o proxecto foi moi fácil decidirme. Quier sentirme importante, Carmelo fixo moito fincapé en que viñese, e tal e como me falou Bóveda do club”.
Explicou o tipo de xogador que é a pregunta dos xornalistas e demáis presentes na sala de prensa : “Son un xogador ao que lle gusta estar en continuo contacto coa pelota. Asociarme moito, xogar como interior. Ao final desenvolvinme sempre pola mediapunta, algo escorado á dereita”.
Abaixo na portada da web tes os nosos “Vídeos Recomendados” nos que tes o completo estar rolda de presentación de Ager Aketxe, así como tódolos vídeos que sube o RC Deportivo.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es