
O RC Deportivo presentou a segunda ocupación e é moi parecida a que xa filtraron algúns polas redes sociais ainda que ca diferenza de que en troques de ser vermello de arriba abaixo e coas hombreiras azul mariño, o vermello vai trocando a granate cos reminiscenzas a “Rosa dos ventos” do mosaico que hai aos pés da Torre de Hércules.
Aquí tedes como a presenta o clube :
da man de Kappa, principal spónsor técnico do RC Deportivo, o seu segundo equipamento para a temporada 2025-26. Cargada de historia e simbolismo, rende homenaxe á primeira participación do Club na Liga de Campións, da que se cumpren 25 anos. O Dépor volvíase a clasificar para competición europea (Copa da UEFA) na 1998-99, con Javier Irureta, e por primeira vez primeira accedía á Liga de Campións na temporada 2000-01.
Un deseño contemporáneo lembra os códigos do segundo equipamento da temporada 2000-01 e mantén como eixo central a icónica Rosa de los Vientos, obra do autor coruñés Tono Correa Corredoira, presente tamén na primeira camiseta. Na parte baixa da elástica obsérvase a presenza dun mosaico en diferentes tons que lembra á técnica empregada para elaborar a emblemática estrela de oito puntas situada ao pé da Torre de Hércules.

O deseño transporta ao espírito loitador e ambicioso que levou ao Dépor a relacionarse cos mellores equipos de Europa. En canto ás cores, esta segunda pel combina as cores vermello e azul mariño con elegantes detalles en dourado, como chiscadela aos éxitos e a grandeza que se vincula a esa época. Así, evoca a memoria colectiva dunha afección orgullosa, pero tamén representa unha mensaxe de ilusión e esperanza para o presente e o futuro do Club.
Deseñada por Kappa, a camiseta foi presentada xunto á curtametraxe “A Europa do Dépor”, unha peza audiovisual que segue a dous afeccionados deportivistas de distintas xeracións, pai e fillo, mentres percorren as cidades onde o Club fixo historia, como París e Frankfurt.
Un deles viviu en primeira persoa a época dourada do Súper Dépor, un equipo lendario que marabillou a Europa con xogadores inesquecibles como Donato ou Mauro Silva. O outro, demasiado novo, só coñece estes capítulos gloriosos a través de relatos, vídeos e historias narradas por quen o presenciaron. Xuntos reviven a emoción daquelas noites máxicas e vitorias que acenderon ABANCA-RIAZOR e colocaron ao Deportivo na elite do fútbol europeo.
Os actores desta peza audiovisual posúen ADN deportivista e ambos defenderon o escudo do Club nos terreos de xogo. Trátase do fillo e do neto de Alfonso Castro (Ferrol, 1955), que militou nas filas do Dépor entre 1973 e 1982. Eles representan, na realidade e na ficción, unha familia vinculada ao Club, a súa historia e ambicións.

Xa está a disposición do deportivismo nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR, Marineda City, rúa Real e en www.deportienda.es.
-Foto e texto : RC Deportico/www.rcdeportivo.es