PRESENTACIÓN DA EXPOSICIÓN “HOMES E MULLERES DE SAL E DE FERRO” DE XESÚS BÚA.

 

Na tarde-noite de onte sábado ás 20:00 horas do día 20 de Nadal presentouse no albergue de peregrinos e espazo cultural muxián, “Bela Muxía”, a exposición “Homes e mulleres de sal e ferro” do fotógrafo muxián Xesús Búa. Un acto moi concurrido no que o xornalista Pepe Formoso, a artista Vicki Rivadulla e o propio fotógrafo Xesús Búa falaron do artista e da sua obra que en breve estará en Carballo.

Tanto Pepe Formoso coma Vicky Ribadulla falaron deste traballo e da traxectoria do fotógrafo muxián, así coma desta obra, unha homenaxe aos percebeiros e percebeiras da nosa costa, da dureza do seu traballo e dende un punto de vista diferente, destes homes e mulleres feitos de “sal e ferro”.

 

 

Xesús Búa explicou como se chegou a este traballo, que ofrece unha historia en cada foto, e que ten un fondo moito máis alá do puramente visual, para un home que foi “cociñeiro antes ca fraile”.

O acto rematou cun vídeo cas fotos da exposición realizado polo fillo do fotógrafo Lois Búa, estudante de belas artes. Tralo mesmo os presentes foron agasallados cuns pintxos, nos que se falou das visicitudes do traballo dos percebeiros/as.

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/ piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas