PRESENTACIÓN CLAUDIO BEAUVEU : “ESTO É DAR UN PASO ADIANTE, VINDO A UN CLUBE HISTÓRICO”.

 

Claudio Beauveu xa a piques estivo de xogar a pasada xornada tras chegar e adestrar unha hora cos seus novos compañeiros pero a inoportuna lesión de Peru Nolaskoain fixo que Fernando Vázquez trocara o que ía a facer e dar entrada a Álex Bergantiños para apuntalar o medio do campo.

O xogador de Guadallupe e con nacionalidade francesa xa viveu “in situ” porque o Depor, ademáis dos títulos é GRANDE. Como foi recibido na banda, como estaba o estadio a pesares da situación do equipo e a tensión que se exportou fora da situación do clube cas dimisións da diretiva, etc…Nada que ver co que se topou e celebrou o gol coma se levase aquí meses.

Hoxe pasou por rolda de prensa con Richard Barral e xa deixou craro que para él : “Isto é dar un paso adiante”, non gustarán moito no sur, pero a realidade é a que hai. Cando me decatei, díxenlle ao meu axente que non quería saber nada doutros equipos. Tal e como él mesmo apuntou : “Trátase dun club histórico e estaba aquí á beira. É un paso adiante. Habemos visto que o club está a dalo tamén e é bo para todos. Vir ao Dépor e salvalo do descenso sería moi importante. Deixar a un club tan grande onde se quere manter… iso fará que a xente se acorde de ti. Estes xogadores foron os que lograron que o equipo quedase”.

Falou sobre a sua despedida e as “coñas” que recibeu dos compañeiros : “Os meus compañeiros coñécenme. Saben que cando estou dentro dun vestiario estou a lume de biqueira con eles. Nunca deixei aos meus compañeiros, estaba a apoiar cada fin de semana. E sabían que era unha oportunidade de gozar. Ao principio chancearon, chamáronme traidor, que como me ía ao rival…”.

Non quedou tan ben co “mandamás”, pois afirma que él non xogaba por órde dos de arriba, non polo adestrador de turno : “Non tiña nada que ver co míster, era de máis arriba. Foi a etapa máis difícil da miña carreira. Estar a adestrar forte cos teus compañeiros e non poder xogar, pero non por decisión da persoa que che ve cada día, doe!”.

 

 

Abaixo de todo na portada da web tes os nosos Vídeos Recomendados onde quedan archivados tódolos vídeos que sube o RC Deportivo e incluso antes de falar nós deles.

 

-Artigo : Claudio Beauveu xa sabe porque o Depor é GRANDE : PREME AQUÍ

-Claudio Beauveu : FICHAXE : PREME AQUÍ

 

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

Fotos e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies