PRERESERVA PARA ENTRADAS PARA O DEPOR-NUMANCIA NUN RIAZOR QUE SUBE A RIDÍCULA CIFRA DE 1.000 ENTRADAS.

 

Aumenta o aforo en Riazor de 500 a 1000 socios. Ridículo tendo en conta o que se está a ver, con casos coma o do concerto de fai unha semana no Palau San Jordi con 5.000 espectadores, sen gardar distanzas e sendo un pabillón pechado e ca xente na pista, e tendo en conta a exquisita orgañización por parte do RC Deportivo no primeiro encontro de liga ante o Salamanca, con 3.000 socios nas bancadas e ainda así sendo moi corta. 

 

O Real Club Deportivo xestionará da seguinte forma as entradas dispoñibles para o partido do próximo domingo 18 de abril ás 19:00 h. en ABANCA-RIAZOR ante o Club Deportivo Numancia de Soria:

Só abrirase a bancada de Tribuna, cun prezo único por entrada de 6 euros e exclusivamente poderán optar a esas localidades os Socios Protectores do Real Club Deportivo.

Todos os Socios Protectores que teñan interese en poder comprar unha entrada para o partido deberán solicitalo formalmente a través da web: http://reservas.rcdeportivo.es na que deberán introducir os seus datos: nome, apelidos, ID de socio, 4 últimas cifras do DNI e correo electrónico.

Este procedemento ten tres fins: poder realizar a solicitude da entrada; poder notificar ao socio que, en función da demanda e o aforo, ten dereito ou non á adquisición da mesma; e, ademais, levar un control de repartición en atención á normativa sanitaria de seguimento da COVID-19.

A petición formal debe realizarse entre a publicación desta normativa e o mércores 14 de abril ás 14:00 horas, momento no que se pechará o prazo de solicitudes de entradas para o penúltimo partido da Temporada en ABANCA-RIAZOR.

Unha vez pechado o prazo notificarase vía correo electrónico a aqueles que sexan adxudicatarios da posibilidade de adquirir unha entrada así como o desenvolvemento do proceso de compra, 100% telemático grazas, unha vez máis, á utilización da tecnoloxía da empresa Cluber integrada por Duacode nos nosos sistemas.

No momento da compra da entrada, asignaranse os datos de fila e asento a cada socio adxudicatario, responsable desde ese momento do uso posterior desa entrada en caso de rastrexo por COVID-19.

O Real Club Deportivo quere agradecer unha vez máis a todos os Deportivistas a súa comprensión ante as medidas adoptadas. En todo momento valoramos e tentamos cumprir cos compromisos adquiridos con cada un dos nosos socios e patrocinadores. Conscientes de que é imposible poder responder debidamente a todas as casuísticas que se expoñen, continuamos traballando día a día para lograr solucións que reduzan na maior medida posible as molestias causadas.

Cambiar imagen

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo