Preferente Norte
-Xornada 13-
CD Lalín 1-0 CF Dumbría
O Dumbría paga a falta de eficacia
No estadio Manuel Anxo Cortizo, o Dumbría amosou melloría peero caeu pola mínima ante un CD Lalín que soubo aproveitar mellor a súa ocasión. Foi un duelo moi pelexado, con alternativas e opcións para ambos, pero decidido por pequenos detalles.
O único gol do partido chegou no minuto 69, obra de Eloy Ferreira, que bateu a Ánxo Lema. O Dumbría tentou reaccionar, pero faltoulle precisión nos últimos metros para acadar un empate que tería sido xusto polo que se viu sobre o terreo de xogo.
Con esta derrota, os dumbrieses enlazan a súa terceira consecutiva e baixan ata a 11ª praza.
Goles: 1-0 Eloy Ferreira (69’)
SD Sofán 2-0 SD O Val
Un triunfo heroico con dez durante case todo o partido
O Sofán protagonizou unha das grandes vitorias da xornada, non polos goles, senón polas circuntancias. O equipo vermello logrou unha vitoria de auténtico mérito fronte ao SD O Val, nun encontro no que tivo que xogar en inferioridade numérica durante uns 80 minutos, tras a expulsión por dobre amarela de Braian no minuto 26.
Lonxe de descompoñerse, os sofanistas reforzaron un bloque baixo sólido, traballaron cada metro de terreo e agardaron pacientemente a súa oportunidade ao contragolpe. O desgaste foi enorme, pero o premio acabou chegando na recta final.
No minuto 78, Alexandre inventouse un auténtico golazo: trallazo dende fóra da área directo á escadra para poñer o 1-0 e levantar ao Municipal.
E xa no 90’, cando o rival estaba volcado na busca do empate, apareceu Iraitz para selar o triunfo cun segundo lanzamento extraordinario desde a media distancia, outro misil á escadra que puxo o 2-0 definitivo.
Unha vitoria que sabe a ouro para un Sofán que demostrou carácter, solidariedade defensiva e pegada nos momentos decisivos e que se pon a puntos ca promoción pero fora por golaveraxe.
Goles: 1-0 Alexandre (78’); 2-0 Iraitz (90’).
Clasificación
O Negreira manda, Sofán ás portas da promoción
O SD Negreira continúa intratable e superou con claridade o Burela (3-0), sumando 32 puntos de 39 posibles. Pola súa banda, SDC Órdenes e San Tirso SD empatados a 28 puntos ocupan a segunda e terceira praza, aínda que os de San Tirso caen ao terceiro posto por golaveraxe despois de non pasar do 0-0 ante o SD Dubra.
O Órdenes, (agora segundo), pola contra, tivo que sufrir para vencer o Victoria CF por 3-2.
Os postos de promoción complétanse co CD Lalín, cuarto con 27 puntos, e co Betanzos CF, que pecha a zona nobre con 21 puntos. Os mesmos puntos suma o Sofán, sexto clasificado, que chega lanzado tras o triunfo de hoxe. Tamén o Burela queda con 21.
O CF Dumbría, pola súa parte, é 11º con 15 puntos, cinco por riba do descenso directo, beneficiado tamén polo pouco botín colleitado polos equipos da zona baixa.
Clasificación completa : PREME AQUÍ
-O que nos ven para semana-
O derbi da Costa que se nos ven
A próxima xornada, o 7 de decembro, preséntase apaixonante co derbi da Costa no Municipal do Conco:
CF Dumbría-SD Sofán.
Os locais chegan nun momento delicado, con tres derrotas seguidas, mentres que o Sofán aterra no Conco en dinámica ascendente e rozando os postos de promoción. Tras vir de dous empates e caer a semana pasada hoxe acadaban unha vitoria épica. Espéranos un duelo con moito en xogo, máis alá da rivalidade comarcal.
-Fotos e información do Sofán : Manel Sánchez
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
