PREFERENTE NORTE : XALLAS FC 2-2 SD SOFÁN, (Crónica)

Imaxe do ano pasado de sdsofan.com

 

Xallas FC 2-2 SD Sofán

Adrián Lema, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido diante dun gran rival. Na primeira parte encontra do vento puidemos aguantar e facer duas contras que combinamos con 2 goles un de Pablo Pato e outro de Blanco. Pero os 5 minutos do final da primeira parte, nunha falta lateral marcábamos en propia meta. Ese gol fíxonos dano.
Na segunda parte o Sofán saeu máis enchufado e o Xallas intentábao, pero nun balón na media lúa Carro fai o empate. Un empate moi traballado do Xallas”.

Alberto Rodríguez, (Adestrador do SD Sofán) : “O partido deixanos un sabor agridoce porque penso que no computo xeral fomos millores. Entramos ben ao partido pero erros nosos propiciaron que fósemos a remolque no marcador. Pese a eso na segunda parte correximos erros e o equipo mostrou outra cara, contundente en fase defensiva e con máis criterio con balón. A segunda metade do encontro foi totalmente nosa. Seguimos traballando para correxir erros e ser cada vez máis fortes como colectivo”.

Xallas FC : Julián, Crístian, Santiago, Alberto, Marcos, Borja, Alejandro, Marcos, Asier, Juan e Pablo. Tamén xogaron : Carlos Riero, Adrián e Jacobo.

SD Sofán : Alexandre, Daniel, Diego, Iván, Matías, Raúl, Martín, Rubén, Serafín, Jacobo e Fabián. Tamén xogaron : Mallo, José Luis, Pablo, Adrián e Añón.

Goles : 1-0, Pablo, (27´); 2-0, Alejandro, (31´); 2-1, Alejandro, (42´propia porta); 2-2, Pablo, (72´).

Árbitro : Edgar Soto asistido nas bandas por Denís Añón e Manuel Antonio González.

Cartóns : Viron cartón amarelo polo Xallas FC : Pablo, Santiago, Asier e Marcos e foi expulsado con vermello direto o delegado xalleiro José Manuel Gorgal. Polos sofanistas foron amonestados con cartón amarelo : Rubén, Daniel e Adrián.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es