SD Fisterra 2-4 SD Sofán
Descafeinado derbi costeiro no Arasolis, con pouco afeccionado para o que se acostuma no campo fisterrán. Adiantábanse os fisterráns por medio de Igrahim aos 8 minutos de xogo, e aguantaban ben a un Sofán, que chega mirandio xa hacia arriba, e que empataba, xusto antes de irse o descanso por medio de Parafita, (45´).
Xa na segunda metade dábase a anédota do encontro, no 65, entraba o meta Ángel Luis por Aarón Dominguez, e facíao para xogar de dianteiro, cousa que xa ten feito máis dunha vez no Muxía CF. O muxián ía a ter notoriedade, pois dél era o segundo gol dos fisterráns, que ainda que non sirveu para nada, si queda para a historia do clube.
Dani Pena, (75´), poñía por diante os sofanistas, e Dani Pena, practicamente sentenzaba, dous minutos despois, e no desconto Juan voltaba a marca. Ángel Luis, de testa a saida dun saque de curruncho, facía o definitivo 2-4.
Clasificación
Con estes 3 puntos o Sofán sube a 11ª praza, con 18. Pola sua banda o Fisterra continúa unha semana máis de colista con 3 puntos. A liga está liderada polo CF Noia, (31 puntos), seguido do Betanzos CF, (29), SD Sarriana e CD Boiro, (28).
-Foto e Texto : piratasdemuxia
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR