O Fisterra levaba dende principio de Decembro sen xogar.
14ª Xornada
Domingo 16 Xaneiro 2022
Atlético Arteixo 3-0 CD Boiro
Hora : 12:00
Campo : “Ponte dos Brozos”, (Arteixo)
Colexiado : Eduardo Rivera Gores. Amosoulle 1 cartón amarelo aos locais e 4 aos visitantes.
Goleada do lider, do que poucos adxetivos se poden dicir, máis dos que levamos dito, pero que tras unha primeira metade na que os de Boiro foron impenetrables, pasouse a unha segunda na que os arteixáns lles pasaron por enriba. Diego Vela abría o marcador no 49, para que dez minutos despois Pablo Ramos abrise fenda no marcador e Aitor no 68 deixase xa todo peixe vendido.
Xallas FC 2-3 SD Fisterra
Hora :
Campo : “A Fontenla”, (Santa Comba)
Colexiado : Borja Cardoso Rodríguez. Amosoulle 5 cartóns amarelos e 1 vermello aos xalleiros, e ningún cartón aos fisterráns.
O vermello foi por dobre cartón ao técnico xalleiro Nogareda. Encontro dos que poden alterar o sistema nervioso do afeccionado, cando falamos que os 3 primeiros goles viñeron de penalti, xogada que sempre ten dobre significado, segundo de que lado caia. O primeiro foi aos 15 minutos de xogo e foi para os xalleiros. Tranformaba Álex Blanco. O segundo 20 minutos despois era para os fisterráns, e transformaba Capelo, (35´), e o terceiro, voltaba a caer para os da costa, e era tranformado no 57, de novo por Capelo. Non tivo tempo a reacción o equipo xalleiro, pois 7 minutos despois Víctor facía o 1-3 para os de Fisterra. O gol que metía no encontro aos de Santa Comba, chegaba no 85 por medio de Julio, pero a pesares de haber tempo para polo menos acadar a igualada, non chegaría. Os fisterráns levaban dende o 5 de Nadal sen xogar, tras 3 xornadas adiadas por problemas co COVID-19, e o Xallas viña de 3 vitorias consecutivas.
SD O Pino 3-2 Laracha CF
Hora : 17:00
Campo : “Reboredo”, (Arca-O Pino)
Colexiado : Alberto Quintáns Rodríguez. Amosoulle 2 cartóns amarelos aos locais e 1 aos visitantes.
O Laracha tras ver como lle remontaban o gol inicial de Cotelo, (28´), con goles de Martín, (50´), e David Pereiro, (64´), que repetía 2 minutos despois de acadar a remontada, (66´), conseguían rapidamente poñerse de novo no encontro cun tanto de novo de Cotelo, (70´), pero a reacción non tivo o seu premio con a lo menos o empate.
SD Dubra 4-0 Agrupación Estudiantil
Hora : 16:00
Campo : “Juan Baleato”, (Val do Dubra)
Colexiado : Edgar Soto Eiroa. Amosoulle 1 cartón amarelo aos locais, e 5 aos visitantes.
O Agrupación Estudiantil, segue ca sua eterna mala racha, (débelle puntos a clasificación), e veuse goleado polo Dubra xa na primeira metade, (2-0), para dar paso a unha segunda na que o único foi ver pasar po tempo e o gol final de Martín García, (83´). Os outros goles foron obra de, Darío, David, e Adrián, (6´, 32´e 38´).
Puebla FC 3-1 Boimorto CF
Hora : 16:30
Campo : “Campo da Alta”, (Pobra do Caramiñal)
Colexiado : Martín Pérez Quintas. Amosoulle 5 cartóns amarelos aos locais e 2 amarelos e 1 vermello, a Pardo no desconto, por parte dos visitantes.
Cómoda vitoria do Puebla que se ía o descansio con 2-0, con goles de Juan García e Viturro, (7´e 37´), para nada máis comezar a segunda metade finiquitar o encontro cun tanto de penalti de Madiop, (51´). O gol do Boimorto, chegou no 88 por medio de Manuel Nieto, sen tempo a nada.
UD Paiosaco 0-1 Sigüeiro CF
Hora : 17:00
Campo : “Porta Santa”, (Paiosaco)
Colexiado : Asier Manuel Fariña Biasi. Amosoulle 5 cartóns amarelos aos locais e 1 aos visitantes.
Tiña a oportunidade o equipo de Peisaco de superar aos santiagueses, pero un gol de Yago aos 20 minutos e unha defensa impecable, foron suficientes para ver como se lles escapan a 5 puntos, os segundos clasificados.
-Foto : Arquivo/DXT Campeón
-Texto : piratasdemuxia