PREFERENTE NORTE : “EMPATE DO SD SOFÁN NO “CARBALLAL” ANTE O BOIMORTO CF, (1-1) NO ENCONTRO QUE FORA APRAZADO DA 17ª XORNADA.

Importante punto do SD sofán no “Carballal”.

 

Boimorto CF 1-1 SD Sofán

Marco López, (2º Adestrador do SD Sofán) : “Xogaba na maña deste sábado a SD o partido aplazado da xornada 17 nun campo difícil como e o do Carballal. Poucas ocasións na primeira metade, con moito xogo directo e case todo o perigo en accións parado.
Tanto un coma outro equipo buscaron marcar en este tipo pero sin acerto. De feito o gol do Boimorto veu tras unha falta lateral executada por Monterroso e que se cola pola escuadra de Brais no 36′.

O Sofán intentaba combinar e aproveitar as bandas e no 40′ nunha indecisión entre Jalecho e Roberto e aproveitada por Parafita pero escorase sobre a meta e non acerta a sacar un remate preciso cando xa se cantaba o empate.
Asi se chegaria o descanso.

De novo na 2ª parte repetiuse o guión, con poucos acercamentos con perigo sobre as dúas áreas.
Coa entrada de Raúl no campo chegaron as ocasións mais claras, e todas nas botas do capi sofanista.
No 75′ unha boa combinación entre Fabián e Raúl pero o dianteiro remata fora, e no 86′ e tras varios rexeites o balón chegalle a Canedo, que cede de cabeza a Raúl e de novo o capi non e capaz de materializar o empate con todo a favor.
O tempo esgotabase e o Boimorto queria que o tempo pasase, pero foi no 90′ cando desde a banda Raúl Añón puxo un bo centro sobre o segundo pau para que rematase en plancha Canedo chegando en carreira dentro da área.
1-1 e reparto de puntos que manten o Sofán nunha boa dinámica e consigue arrancar 1 punto dun campo complicado como e o do Boimorto”.

 

A SD Sofán xogou ca indumentaria verde pero co calzón vermello.

 

SD Sofán : Brais, David Castro, Becerra, Diego, Viqueira, Canedo, Fabian, Juanjo, Alexandre, Quintela, e Parafita.

Cambios: 45´: Raúl Añón x David Castro; 60´: Raúl x Quintela; 63´: Matias x Fita; 80´: Carro x Juanjo.

Árbitro : Diego Bello, asistido nas bandas por  Álvaro Gil e Marco García.

 

Clasificación

Con este punto acadado o equipo sofanista suma 35 e ocupa a 10ª praza. Empata co SD Sarriana que ocupa a 9ª praza e a 2 puntos do 8º, Puebla e do 7º, Ribadeo.

-Foto e Texto : Marco López

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies