Despois de moitos ensaios e probaturas este vindeiro Domingo 6 de setembro comezará a rodar o balón na Preferente Futgal na que no Grupo 1, o que nós seguimos chamando Grupo Norte, (porque así o é), temos un ano máis ao CF Dumbría e SD Sofán. Os dumbrieses reciben ao SD Dubra no Municipal de “O Conco” a partires das 19:00 horas, namentas que os sofanistas, que tamén comezan na casa, reciben ao AD Miño a partires das 18:30 horas no “O Carral”, sempre os horarios segundo o que ten pubricado a día de hoxe a RFGF, cousa que conformaremos ou rectificaremos na “AXENDA PIRATA”.
Así será a Preferente Norte 2026/27
-Participan : 18 equipos
-Comezo : 5-6 de setembro
-1º derbi costeiro : 10ª xda en Sofán ó 08/11/2026
-2º derbi costeiro : 27ª xda en Dumbría ó 21/03/2027
-Xornadas : 34
-Final liga regular : 16/05/2027
-Ascenso direto : 1º clasificado
-Promociona : do 2º ó 5º
-Promoción de ascenso : 30/05/2027 ao 20/06
-Descensos : salvo arrastres os 4 últimos.
–
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
–

