PREFERENTE NORTE, (9ª Xda) : “GOLEADA DO FISTERRA E DERROTA POLA MÍNIMA DO SOFÁN”.

 

SD Fisterra 4-0 CD Foz

Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido moi disputado na primeira parte, donde o balón tíñamolo nós, e o Foz moi repregado para sair a contra, sin conseguir chegar a nosa portería, pero repelía todos os noso ataques. Na segunda parte cambiou todo o abrir a “lata”, Makaay, tras un pase de Julián. Toda a segunda parte fui nosa, sin que o Foz chegara a nosa portería, só con balons longos e faltas a portería. Foi Roa, que acababa de salir o campo no minuto 60, pola lesión de Capelo, que de tiro de fora da área poñía o 2-0. Aarón López de corner no segundo pao, e finalmente Makaay de novo, poñían o definitivo 4-0. Partido moi completo do Fisterra que se afianza aí arriba”.

 

FICHA TÉCNICA

 

++++

 

 

Puebla CF 1-0 SD Sofán

Marco López, (2º Adestrado do SD Sofán) : “Partido igualado, sobre todo na primeira parte para un sofan que pronto se lle poñia o partido costa arriba o ter que facer 2 cambios obligados por lesion no minuto 20 de partido, como foron os de Juanjo e Fabián. Ainda asi o equipo sofanista fixo un partido moi completo e xa no 22′ tivo unha clara ocasion Quintela, que non chega a rematar un bo pase de Carro. O Puebla acercabase a meta de Alex Lopez por medio de Madiop, referencia en punta e sobre o que cargaban todo o xogo de ataque. Nun destes balóns, recibe un pase a espalda da defensa sofanista e cando se dispon a tirar a porteria chega para cortar o sei tiro Dani Becerra.

 No 26′ unha boa combinacion entre Carro e Jacobo e este último realiza un bo cambio de orientación sobre Matías que controla e o seu tiro sale fora por pouco. No 38′ chega a xogada que marca o partido, nun pase a Madiop que se interna na área, Alex Lopez sale a tapar o tiro, toca o balón e coa inercia da saida e co campo rapido como estaba barre a Madiop e o árbitro interpreta penalti a expensas do seu línea. Xogada moi protestada, onde ademais amonesta o meta sofanista. O penalti lanzao Madiop para poñer o 1-0, resultado co que se chegaria o descanso.

Na reanudación o Sofan seguiuno intentando ante un Puebla replegado pero de novo tivo que recompoñer a sua liña defensiva, esta vez por unha nova lesión, a de Dani Becerra. Tivo Alexandre un par de acercamentos sobre a meta rival, e tamen duas boas accións de Quintela que non acertou a rematar entre os 3 paus. En accións a balón parado o Sofán tivo tamen perigo, pero o resultado xa non se moveria, con un Puebla replegado e que solo creaba perigo en algunha contra ben controlada pola defensa sofanista. Antes do final tivo o Puebla unha xogada que rematou o longueiro pero o resultado xa non se moveu deixando bastante descontento o equipo visitante”.

 

FICHA TÉCNICA

 

 

CLASIFICACIÓN 

(Equipos “Zona Pirata”)

SD Fisterra : 3º con 18 puntos a 4 do lider Viveiro

SD Sofán : 9º con 13 puntos

Atlético Arteixo : 10º con 12 puntos

Laracha CF : 18º con 7 puntos

Xallas FC : 20º con 2 puntos

 

-Foto portada : Marco López

-Fichas Técnicas : RFGF-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.