PREFERENTE NORTE, (6ª Xda) : “O FISTERRA ABUSA DO XALLAS A DOMICILIO, (1-5)”.

A SD Fisterra apunta alto neste inicio de tempada.

 

Derbi costeiro antre dous equipos que visten de verde, pero o verde en troques de ser para os do interior foi para os costeiros. O equipo de Ángel López segue co ritmo que marcou o ano pasado na 1ª Galicia G2 da que foi campión e ocupa a terceira praza a 1 punto do segundo Puebla CF, que non pasaba do empate ante o CF Noia, (1-1) e a 2 do lider Viveiro CF que caía ante a Sarriana, (2-1). Os fisterráns teñen ademáis a Adrián “Makaay” e a Capelo antre os máximos goleadores con 4 goles cada un, superados unicamente por Gerardo Carrera do Viveiro CF que suma 6. O Xallas CF con esta derrota cae o derradeiro chanzo da clasificación.

Aquí tedes a visión do derbi costeiro da man dos adestradores, Adrián Lema, por parte xalleira e de Ángel López por parte fisterrana.

XALLAS FC 1-5 SD FISTERRA

Adrián Lema, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido que dominou o Finisterre desde o primeiro minuto ata o último. Na primeira parte marcaron 3 goles de corner sin ningúnha oposición. O Finisterre xogaba moi tranquilo e sin forzar non tivo ningún problema ata o minuto 43, donde no único despiste que tivo Juan de Celia en xogada individual, marca. Na segunda parte o Xallas saíu un pouco mellor pero ainda así o Finisterre tiña o control do partido e en dous fallos en defensa marcan a placer dous”.

Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido máis doado do esperado. No minuto 10 íamos 0-2. Goles de Herbert e Makaay, a balón parado. Moitas facilidades a balón parado nos dou o Xallas, un do nosos fortes. O terceiro foi obra de Santi, de novo de cabeza un corner. Moita superioridade do Fisterra nesta primeira parte, froito do bo comezo e as dúbidas do Xallas. No minuto 45 marcou o Xallas nun centro lateral e fomos, 1 -3 o descanso. Saimos na segunda parte para finiquitar o partido. E así no minuto 60, de novo Makaay, a pase de Herbert deixaban o choque resolto. Dominamos o xogo sin pasar apuros, dado o resultado, e no minuto 85 volveu a marcar Makaay, tras un fallo do porteiro do Xallas. Partido que aumenta a confianza do equipo, e 3 puntos máis para seguir aí arriba”.

FICHA TÉCNICA

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

PREFERENTE NORTE

-6ª Xornada-

(Equipos “Zona Pirata”)

Laracha CF 3-0 Atlético Arteixo

Xallas CF 1-5 SD Fisterra

CF Noia 1-1 Puebla CF

SD Residencia 1-0 SD Sofán

 

-Texto : piratasdemuxia.es e adestradores

-Ficha técnica e clasificación : RFGF e piratasdemuxia.es

-Foto portada : FaceBook SD Fisterra

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es