PREFERENTE NORTE, (6ª Xda) : “DERROTA DO SOFÁN QUE MERECEU MOITO MÁIS ANTE O RESIDENCIA, (1-0)”

Imaxe de arquivo do Sofán-Residencia do ano pasado.

 

Non puido ser e as veces no fútbol a sorte é un factor determinante. O SD Sofán caía pola mínima en terras luguesas ante o SD Residencia, cun gol tras un corner que era fora de porta, habendo merecido moito máis no cómputo xeral do encontro.

Aquí tes a visión de Marco López, segundo adestrador dos sofanistas.

 

SD RESIDENCIA 1-0 SD SOFÁN

Marco López, (2º Adestrador do SD Sofán) : “Partido disputado na Cheda donde o Residencia gañou pola mínima despois dunha decisión arbitral moi protestada polo equipo visitante. De inicio os locais sairon exercendo unha presión moi alta sobre a defensa sofanista e con Veloso como punta de lanza. Foi o propio Veloso o que no 5′ tivo a primeira ocasión pero o seu disparo atallao Álex. No 8′, falta lateral que saca Eibe e ninguén chega o remate. No 15′, un balón o espacio de Viqui para Fabián, a defensa do Residencia confíase e a piques esta de marcar gol. No 40′, balón entre liñas de Eibe para Fabián, que cede a Viqui, e o seu tiro sae fora por pouco. O Sofán tiña o dominio do partido pero costáballe chegar con claridade neses 3/4 de campo para finalizar xogadas. Así chegouse o descanso co 0-0. Na reanudación o Sofán seguía tendo o dominio do balón ante un Residencia que estaba repregado, e que só creaba perigo tras lanzar sobre as suas referencias para buscar as contras. Foi no 64′ cando un tiro lateral de Veloso vaise fora e o colexiado incompresiblemente sinala corner a instancias do seu liña. Dese corner chegaría o 1-0, nun remate de cabeza de Juan Bautista que aparece no 2° pau. O Sofán non baixou os brazos e no 68′ unha falta na frontal de Eibe a piques está de poñer o empate, e que saca con apuros Diego Bravos. No 81′ chega outra xogada que perxudica o Sofán, xa que nunha disputa dentro da área Iván López solta un cobadazo na cara de Fabián, acción que nín o árbitro, nen o seu liña, nin ven, e sobre todo, non escoitan. De aí o final e coa entrada de Luis o Sofán tivo máis profundidade e en varias ocasions Viqui incorporouse dende a liña defensiva, e ata en 2 ocasións as suas internadas foron cortadas por fora de xogo, cando entraba habilitado por xogadores rivais. O Residencia tivo un par de contras o deixar xente descolgada e aproveitar os balóns en longo, pero tanto Gody como Dani Becerra solventaron ben estas situacións. O final, resultado inxusto, onde o normal houbera sido un empate, e os visitantes moi molestos coa actuacion arbitral”.

 

FICHA TÉCNICA

CLASIFICACIÓN

 

 

PREFERENTE NORTE

-6ª Xornada-

(Equipos “Zona Pirata”)

Laracha CF 3-0 Atlético Arteixo

Xallas CF 1-5 SD Fisterra

CF Noia 1-1 Puebla CF

SD Residencia 1-0 SD Sofán

-Texto : piratasdemuxia.es e adestradores

-Ficha técnica e clasificación : RFGF e piratasdemuxia.es

-Foto portada : www.sdsofan.com

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es