Tanto SD Fisterra coma SD Sofán pechaban os seus encontros con 3 puntos máis no peto, namentras que o Xallas FC sumaba a terceira derrota en 5 encontros. Os fisterráns dobregaban no Ara Solis ao Atlético Coruña Montañeros CF, (2-0), un dos que tiñan que estar loitando por arriba pero que non levantan cabeza e ainda non sumaron un só punto, pero que lle puxeron as cousas moi difíciles aos de Ángel López. Pola sua banda o SD Sofán de Alberto Rodríguez, dobregaba por 3-0 a todo un CD Foz, que chegaba ao Carral a 1 punto dos sofanistas e habendo recibido só 1 gol en contra nos derradeiros 4 encontros. Pola sua banda o Xallas FC segue a esperar que chegue a primeira vitoria do campionato e sumaba unha nova derrota, a terceira en 5 encontros, (3-0), desta volta foi o lider Viveiro CF que está intratable neste inicio de campionato con pleno de vitorias, 5 de 5, e con 16 goles a favor e tan só un encontra, polo que con estes números as cousas estaban moi complicadas para os xalleiros de sumar algo no seu feudo.
Dos outros equipos da nosa zona, a que chamamos “Zona Pirata”, o Atlético Arteixo derrotaba en “Ponte dos Brozos” ao Residencia por 2-0 e o seu veciño o Laracha CF caía por 2-0 ante o San Tiros. POla sua banda, máis o sur o CF Noia empataba 2-2 na sua visita ao Dubra.
CRÓNICAS
SD Fisterra 2-1 Atlético Coruña Montañeros CF
Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido moi complicado no Arasolis, con un Montañeros moi intenso, que se puxo por diante os 10 minutos de xogo, nunha contra moi rápida, despois dun corner a favor, o que lle dou ainda mais empuxe. Nos non encontrábamos o camiño para frear as internadas polo noso lado dereito. Conseguimos empatar nun saque de banda, de cabeza Aarón puxo o empate. Na segunda parte, fixemos cambios e o partido foi noso. Conseguimos parar o Montañeros, e empezamos acosalo, máis co corazón que ca cabeza, e Capelo puxo o 2-1 faltando 10 minutos para acabar o partido. Repregamos e aguantamos o resultado. Iván o noso porteiro fixo unha gran parada o final do partido…3 puntos moi sufridos, pero moi importantes”.
Goles : 0-1, Alejandro, (6´); 1-1, Aarón, (37´); 2-1, Capelo, (83´).
SD Sofán 3-0 CD Foz
Alberto Rodríguez, (Adestrador do SD Sofán) : “Victoria merecida ante un rival incómodo. Mantivemonos no partido os 90 minutos e fomos atopando pouco a pouco os espacios, nada doado xa que levaban 1 gol en contra en 4 partidos. Os 2 goles casi continuos fixeron que non sufriramos co resultado a favor. Co 3-0 e a portería a 0 afrontamos o partido da próxima semana con moitas gañas e ilusión de seguir crecendo como equipo”.
Goles : 1-0, Adrián Quintela, (65´de penalti); 2-0, Jacobo, (69´de penalti); 3-0, Alexandre, (desconto).
Viveiro CF 2-0 Xallas FC
Adrián Lema, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido diante de un gran rival. Empezamos un pouco despistados e nos primeiros min eles xa tuberon varias ocasion ainda que non muy claras . Empezamos a meternos no partido e a estar mellor no campo e a raíz de eso tubemos 4 ocasión claras por mediacion de Pablo mato y (2)Juan de Celia y peke .pero en unha contra cometemos un penalty muy dudoso no min 35. Así fomos o descanso dando a cara diante de un rival con mais potencial. Na segunda parte salimos mais enchufados ca eles e seguíamos creando peligro pero en un cornet quedou o balón morto e rematan e despois no 21 unha mano na área e penalty. Seguíamos intentando pero a falta de fortuna e o pouco acertó privóunos de traer algo positivo xa que creo que foi un dos mellores partidos que fixemos da temporada”.
Goles : 1-0, Jaime, (36´de penalti); 2-0, Alejandro, (56´); 3-0, Gerardo, (66´de penalti).
-Foto de portada : SD Sofán, (arquivo).
-piratasdemuxia.es : Agradecerlle aos adestradores a sua colaboración
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es