PREFERENTE NORTE 33ª Xda) : “Dura derrota do Sofán que lle mata as opcións de promoción e vitoria que sabe a vida do Dumbría que depende de si mesmo na derradeira xornada”.

PREFERENTE NORTE

33ª Xornada

Domingo 10/05/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

SD Sofán 0-3 Puebla FC

Cidade de Ribeira CF 1-3 CF Dumbría

Clasificación : PREME AQUÍ

.

Na Preferente Norte todo queda por decidir para a derradeira xornada, pero o CF Dumbría deu un paso de xigante cara á permanencia cun triunfo de ouro en Ribeira, mentres que o SD Sofán quedou sen opcións de pelexar pola promoción tras unha dura derrota.

Cidade de Ribeira CF 1-3 CF Dumbría

O Dumbría asaltou un campo complicadísimo e sumou tres puntos vitais ante un rival directo nun encontro no que brillou con luz propia Diego Estévez. O dianteiro abriu o marcador no minuto 21 e ampliou distancias apenas seis minutos despois transformando un penalti. Co 0-2, os de Dumbría controlaron boa parte do choque, aínda que o Cidade de Ribeira apertou no tramo final reducindo diferenzas por medio de Felipe no 79’. A incerteza durou apenas un minuto, porque novamente Diego Estévez apareceu para completar o seu hat-trick particular e sentenciar o duelo co definitivo 1-3.

Con esta vitoria, o Dumbría afrontará a última xornada dependendo de si mesmo e situado dous puntos por riba da zona de descenso. O equipo da Costa xogará no Conco ante o Sigüeiro, precisamente outro dos conxuntos implicados nunha zona baixa que vai botar lume ata o último minuto da competición, xa que ambos chegan empatados a 40 puntos.

Goles :
0-1, Diego Estévez (21’)
0-2, Diego Estévez, de penalti (27’)
1-2, Felipe (79’)
1-3, Diego Estévez (80’)

………………………………………………………………………………………………………………………………………

SD Sofán 0-3 Puebla FC

Pola súa banda, o Sofán despedíuse practicamente do soño da promoción tras caer con claridade nun encontro no que o rival golpeou en momentos clave. Alberto abriu o marcador ao bordo do descanso desde o punto de penalti, Fidalgo ampliou vantaxe no inicio da segunda metade e Torrado puxo a sentencia definitiva no minuto 74. Un resultado demasiado duro para os de Sofán, que xa non terán opcións de meterse na pelexa polo ascenso na última xornada.

Goles :
0-1, Alberto, de penalti (45’)
0-2, Fidalgo (54’)
0-3, Torrado (74’).

,

PREFERENTE NORTE

34ª Xornada, (Derradeira)

Domingo 17/05/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

Cultural Maniños SD Sofán

CF Dumbría Sigüeiro FC, ás 18:00

Clasificación : PREME AQUÍ

.

-Fotos : Manel Sánchez

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”