PREFERENTE NORTE, (29ª Xda): “O Sofán golea para poñer presión pola promoción e o Dumbría é goleado para acercarse a zona perigosa”.

PREFERENTE NORTE

29ª Xornada

Domingo 12/04/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

SD Sofán 4-2 Victoria CF

SD Negreira 4-0 CF Dumbría

Clasificación : PREME AQUÍ

.

A 29ª xornada da Preferente Norte deixou sensacións ben distintas para os dous representantes da Costa. O SD Sofán continúa firme na súa pelexa por meterse na promoción de ascenso tras sumar tres puntos de mérito, mentres que o CF Dumbría deu un paso atrás na súa loita por afastarse dos postos perigosos.

O conxunto sofanista mantense na 6ª posición con 47 puntos, presionando de preto os postos de privilexio: queda a só 3 puntos do SD San Tirso, que marca a promoción, e a 4 do UD Órdenes, cuarto clasificado. Pola súa banda, o Dumbría segue 12º con 34 puntos, vendo como a zona de descenso directo, (marcada polo Sigüeiro FC), queda agora a só 4 puntos.

Nunha liga dominada con autoridade polo CD Lalín (68 puntos), o SD Negreira consolídase como segundo con 56, demostrando o seu potencial, precisamente ante un Dumbría que pouco puido facer.


 CRÓNICAS

 SD Sofán 4-2 Victoria CF

Gran triunfo do SD Sofán nun partido dinámico e con goles, no que os sofanistas souberon golpear nos momentos clave para levar tres puntos fundamentais.

O encontro púxose moi de cara nos primeiros minutos, cun gol en propia porta de Gabriel no 11’ e outro do muxián Álex Sánchez apenas tres minutos despois. A reacción visitante foi inmediata co tanto de Alejandro (15’), deixando claro que non ía ser un paseo.

Tras o descanso, o Sofán deu o golpe definitivo cun dobrete case consecutivo no minuto 57, obra de Iván Pardo e Julián, que puxeron o 4-1 no marcador. Lagares recurtou distancias no 77’, pero sen poñer en perigo a vitoria local.

Tres puntos que manteñen ao Sofán en plena loita polo soño da promoción.


 SD Negreira 4-0 CF Dumbría

Dura derrota para o CF Dumbría no campo dun dos equipos máis fortes da categoría, o SD Negreira, que fixo valer a súa condición de aspirante ao ascenso.

O partido rompeuse primeiro tempo co gol de Gonzalo, pero as cousas estiveron bastante igualadas, xa no segundo os locais pasaron por enriba dos dumbrieses, amosando porqué están de segundos. Adrián (55’), Joel (67’) e Raúl (79’) completaron unha goleada sen resposta.

O Dumbría viuse superado en todas as facetas e deberá reaccionar nas vindeiras xornadas para non complicar a súa situación na táboa.

.

-Fotos : Manel Sánchez

-Texto : Xosé Búa “Pirata”