PREFERENTE NORTE
26ª Xornada
Domingo 15/03/2026
Os partidos dos equipos da Costa:
Víctoria CF 0-0 SD Sofán
CF Dumbría 1-1 Puebla FC
Clasificación : PREME AQUÍ
Empate sen goles do Sofán e reparto de puntos no Conco para un Dumbría que segue sumando
A 26ª xornada da Preferente Norte deixou resultados axustados para os dous representantes da Costa da Morte, que continúan pelexando polos seus respectivos obxectivos nesta recta decisiva da tempada.
A SD Sofán regresou cun punto do seu desprazamento tras igualar sen goles nun encontro moi disputado e marcado pola igualdade entre dous conxuntos da zona alta da clasificación. O cadro carballés amosouse sólido a nivel defensivo e soubo competir nun campo complicado, aínda que lle faltou acerto nos últimos metros para levar os tres puntos. Co empate, os sofistas quedan agora ás portas dos postos de promoción, mantendo intactas as súas opcións de meterse na loita pola `promoción. Na vindeira xornada reciben ao Pol que está a 3 puntos dos sofanistas e na procura da mesma loita.
Pola súa banda, o CF Dumbría sumou un empate na casa ante o Puebla nun duelo directo ante un rival da zona media. Os locais adiantáronse moi cedo grazas a un tanto de Javi Souto, que puxo por diante aos costeiros nos primeiros compases. Tralo paso polos vestiarios, o conxunto visitante conseguiu restablecer a igualdade por medio de Óscar Fidalgo. O punto permite ao Dumbría continuar sumando na súa batalla por afastarse dos postos comprometidos da táboa, mantendo a distancia de 2 puntos coa zona de descenso nun tramo de liga cada vez máis esixente. A vindeira xornada visitan o colista Cultural Maniños nun choque no que non se pode errar.
PREFERENTE NORTE
27ª Xornada
Domingo 22/03/2026
Os partidos dos equipos da Costa:
SD Sofán – SD Pol
Cultural Maniños – CF Dumbría
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
