PREFERENTE NORTE, (25ª Xda) : “O Sofán asalta o play-off e o Dumbría da un pasiño máis hacia a salvación”.

Gran xornada para os equipos da Costa na Preferente Norte. O SD Sofán e o CF Dumbría lograron dous triunfos de moito valor que lles permiten avanzar con forza cara aos seus respectivos obxectivos na recta final da tempada.

Un trunfo de posto de promoción para o Sofán

O Sofán impúxose con claridade ao SD Dubra (3-0) nun partido moi completo dos de Carballo, que souberon aproveitar as súas ocasións e dominar o encontro. O marcador abriu­se no minuto 25 cun gol de Braian, que puxo por diante aos locais. Antes do descanso ampliou a vantaxe Izan no 36’, deixando o partido moi encarrilado.

Xa na segunda metade, Parafita sentenciou no minuto 52 co terceiro tanto sofanista. Co encontro controlado, o Sofán soubo xestionar a vantaxe ata o final e sumar tres puntos de ouro.

Este triunfo cobra aínda máis valor polo empate do Betanzos na casa ante o Paiosaco, resultado que permite aos sofanistas ascender a postos de promoción de ascenso con 39 puntos, confirmando o gran momento do equipo.

O Dumbría tiña que gañar e gañou

Tamén foi moi importante a vitoria do CF Dumbría, que se levou os tres puntos do campo do Burela SD (0-1) nun duelo directo pola permanencia. O encontro foi igualado e con poucas ocasións claras, pero os de Dumbría souberon resistir e manterse vivos ata o final.

Cando todo parecía encamiñado ao empate, apareceu Diego Estévez no minuto 86 para marcar o gol do triunfo e desatar a alegría no conxunto costeiro.

A vitoria permite ao Dumbría subir ata a 12ª posición con 30 puntos, superar na clasificación ao Dubra (derrotado polo Sofán) e situarse tres puntos por riba dos postos de descenso, dando así un paso moi importante na loita pola permanencia.

Dúas vitorias que confirman unha xornada redonda para os equipos da Costa: o Sofán mira cara arriba e o Dumbría colle aire na zona baixa.

.

-Foto : Manel Sánchez 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”