PREFERENTE NORTE , (24ª Xda) : “Vitoria do Dumbría que o acerca o obxetivo e derrota do sofán que o alonxa do seu”.

PREFERENTE NORTE

24ª Xornada

Domingo 01/03/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

Sigüeiro FC 3-0 SD Sofán

CF Dumbría 1-0 AD Miño

-Clasificación : PREME AQUÍ

Xornada con sorte dispar para os conxuntos costeiros na Preferente Norte, cun triunfo vital do Dumbría e unha derrota clara do Sofán a domicilio.

O CF Dumbría sumou tres puntos de ouro no municipal do Conco tras impoñerse pola mínima ao Miño nun encontro moi igualado e de gran importancia na loita pola permanencia. Un tanto de Javier Souto nos últimos intres da primeira metade, (41´), acabou decidindo un partido trabado, (ata 9 cartóns na segunda metade, case todos no treito final), no que os locais souberon defender a vantaxe con oficio ata o asubío final. Este triunfo permite aos dumbrieses continuar recurtando distancias co obxectivo da salvación, igualando a puntuación doutros rivais directos e mantendo plenamente aberta a pelexa por evitar os postos perigosos.

Pola contra, a SD Sofán regresou de baleiro da súa visita ao campo do Sigüeiro tras caer por un contundente 3-0 ante un rival da zona baixa. Os locais encarrilaron cedo o choque e ampliaron diferenzas antes do descanso, deixando moi costa arriba o encontro para os de O Carral. Xa no treito final chegou o terceiro tanto que pechou definitivamente o marcador. A derrota fai que o Sofán perda unha posición na táboa, aínda que continúa empatado a puntos co Paiosaco na zona media-alta da clasificación.

.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”