PREFERENTE NORTE, (22ª Xda) : “VITORIAS DE SOFÁN E LARACHA, EMPATE DO XALLAS E DERROTA DO FISTERRA QUE MERECEU MÁIS”.

 

O Sofán igualou un 2-0 en contra e mereceu máis.

 

 SD SARRIANA 2-2 SD SOFÁN

Marco López, (2º Adestrador do SD Sofán) : “De infarto e de locura. Así pode titularse o partido de hoxe na Ribela onde o equipo local recibia a SD, con 2 equipos quizais no mellor momento da tempada. O partido empezou con un bo ritmo xa dende o inicio e xa no 13′ un balón en largo sobre Raúl, este controla e e derribado na área. Penalti que lanza Raúl Añón por encima da porteria. No 31′ un bo centro lateral rematoa Fita fora. A SD intentaba combinar pero sin moito acerto e contrarrestaba o xogo entre liñas de Omar e as poucas aproximacións da Sarriana nesta primeira parte, de feito Brais foi un espectador mais na 1ª metade, xa que solo particiou no xogo co balón a favor do seu equipo, pero sin que a Sarriana o inquedase en ningun momento. antes do descanso un novo corner rematario Canedo e desviao un defensa na linea de gol cando xa se cantaba o 0-1. Co 0-0 chegaríase o descanso.

Na segunda metade repetiuse o guión, con unha SD que queria levarse os puntos e unha Sarriana agazapada. No 53′ unha boa acción en banda de Fabian que centra para Matias que arma un tiro coa sua perna esquerda que a piques está de ser gol. E como o fútbol e caprichoso, no 53′, e tras un rexeite na man de Omar, o balón chegalle rexeitado a Gody e o árbitro interpretao como penalti. Primeiro tiro do partido da Sarriana e 1-0 de Omar tras casi 1 hora de xogo.
a Sd seguiuno intentando e no 58′ un bo control de Martin no balcón da área que cede a Raúl que remata a boca de xerro dentro da área e o seu tiro rexeitao Alex. No 63′ chegaria o 2-0 da Sarriana onde nunha falta a favor da SD, hai unha pérdida e na contra marcarian o segundo gol da tarde nun claro fora de xogo. A SD recompuxo liñas e arriscou para buscar o empate e no 69′ un balón controlado por Paulo, que lle gana a posición o seu marcador dentro da área e que comete falta e o árbitro decreta penalti e expulsa o defensa local. o penalti transformao Raúl para poñer o 2-1.
A Sarriana estaba pasando por apuros e queria que o tempo pasase para facer bo o resultado, con continuas perdas de tempo e vendo o arreón da SD.

Varias internadas con perigo de Viqueira e Martin, asi como un remate dentro da area de Viqueira o largueiro foi a antesala do que ia acontecer, xa que no último minuto do desconto nun balon dentro da area cometen falta sobre Raúl, e novo penalti. O capi tirou de veterania, curtido en estas situacións, para con un potente tiro poñer o 2-2 e provocar o delirio. Punto que sabe a moi pouco para a SD que mereceu ser xusto gañador do partido, despois do visto na Ribela.

SD Sofán : Brais, Añon, Becerra, Gody, Viqueira, Canedo, Fabian, Juanjo, Fita, Raúl, e Matías.
Trocos: 51´: Martin x Canedo; 64´: David Castro x Añon; Paulo x Matias; 74´: Carro x Fita e no 75´: Ruben x Juanjo
.

Goles : 1-0, Omar, (56´ de penalti); 2-0, Jacobo, (62´); 2-1Raúl, (69´se penalti); 2-2, Raúl, (90´).

Árbitro : Iván Mosquera, con Andrés Seijo e Alejandro Vieitez nas bandas.

Incidencias : Encontro xogado no campo “A Ribela”, de Sarria, (Lugo), no que foron expulsados  nos locais, con dobre cartón :  Daniel, (11´e 68´), Javier Pérez, (87´e 90´), e con vermello direto, Raúl, (90´). Por parte do SD Sofán o adestrador Alberto Rodríguez veu cartón vermello no 63´).

 

CD BOIRO 2-1 SD FISTERRA

Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Perdemos en Barraña, contra un equipo de categoría. Empezamos moi mal e o Boiro adiantouse no marcador, no minuto 10. Os primeiros 30 minutos foron do Boiro, a intensidade e calidade do Boiro colleunos fríos. Melloramos a partir do minuto 30. Na segunda parte, encaixamos o segundo por un error en defensa, no minuto 50. A partir de aí, o Boiro dou un paso atrás, e nos adiantamos liñas e presionamos, encerrando o Boiro na sua área. Entrou Makaay que tiña problemas na espalda, e arriscamos. Puxemos o 2-1 de cabeza de Juan De Dora no 70. Tivemos varias ocasións, Makaay, Herbert, Aarón, e sobre todo Breixo que en boca de gol rematou de cabeza alto, era máis doado metelo, que poñelo fora, pero a sorte non nos sonrieu hoxe. O empate era o máis xusto, pero o fútbol e así. Felicitar o Boiro e seguir para adiante que falta moita liga”.

SD Fisterra : Jorge, Pablo, Breixo, Rodrigo, Herbert, Juan de Dora, Javier, Julián, Aarón, e Santiago. Tamén xogaron : Adrián “Makaay”, e Andrés.

Goles : 1-0, Diego, (6´); 2-0, Óscar, (58´); 2-1, Juan de Dora, (75´).

 

 

LARACHA CF 2-1 SIGÜEIRO CF

Héctor Pena, (Adestrador do Laracha CF) : “Partido que tivemos controlado en todo momento ben armados atrás e saindo rápido, e con perigo a contra. No 1º tempo non pasamos apuros. Si na 2ª parte despois de fallar 2 goles eles conseguiron empatar nun erro de marca noso, pero a partires de aí fumos polo partido e conseguimos marcar o segundo. Eles o final tiveron unha falta que mandaron o longueiro e aí acabou o partido”.

Laracha CF : Gabriel, Antonio, Álvaro, Miguel, Pablo, Diego, Garda, Alejandro, Denís, Héctor e André.. Tamén xogaron : Pedro, Diego Pérez, e Oladapo.

Goles : 1-0, Garda, (33´); 1-1, Andrés, (71´); 2-1, Antonio, (80´).

Incidencias : O colexiado Gabriele Polo que estivo asistido nas bandas por Francisco Ibañez e Javier Gómez, expulsou no desconto ao xogador local, Miguel, e por parte dos visitantes, expulsou a Íñigo, (63´e 65´), e Tomás, (65´e 67´).

 

 

XALLAS FC 2-2 SD DUBRA

David González, (Adestrador do Laracha CF) : “Cando nos chegue seu comentario poñerémolo aquí”.

Xallas FC : Álvaro, Crístian Caamaño, Jacobo, Santiago, Marcos Mouro, Doro, Borja, Alejandro, Loic, Marcos e Juan de Celia. Tamén xogaron : Adrián,Camilo, Pablo e Loureiro.

Goles : 0-1, Adrián, (17´); 1-1, Loic, (37´); 2-1, Loic, (47´); 2-2, Adrián, (60´).

Incidencias : O colexiado Gabriele Polo que estivo asistido nas bandas por Francisco Ibañez e Javier Gómez, expulsou no desconto ao xogador local, Miguel, e por parte dos visitantes, expulsou a Íñigo, (63´e 65´), e Tomás, (65´e 67´), 

 

CLASIFICACIÓN

SD Fisterra : 2º con 42 puntos

Atlético Arteixo : 10º con 30

SD Sofán : 11º con 28

Xallas FC : 18º con 16

Laracha CF : 19 con 15

 

23ª Xornada

(Equipos “Zona Pirata”)

09/02/2020

Atlético Arteixo-San Tiros SD : 09/02 ás 12:00 horas

SD Fisterra-Club Lemos

Puebla CF-Xallas FC

SD Sofán-CF Noia

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

-Foto : Marco López
-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.