O Sofán pasoulle por enriba ao Xallas no “Carral”.
SD SOFÁN 7-1 XALLAS FC
Marco López, (2º Adestrador do SD Sofán) : “Levouse o Sofán o derbi fronte o Xallas na tarde de hoxe, nun partido pouco vistoso na 1a metade e que mellorou tras o paso polos vestiarios. O primeiro cuarto de hora foron de tanteo por parte de 2 equipos que se coñecen a perfección, para no 23′ e nunha falta lateral sacada por Doro o balón chega a Marcos Mouro que anota o gol do Xallas a boca de xerro na meta de Brais. Pouco lle durou a vantaxe o Xallas, xa que un minuto mais tarde chegou o empate dos locais nunha boa acción combinativa entre Viqueira e Quintela e que remacha a gol este último (1-1). No 25′ chegou o 2-1 noutra boa combinación entre Viqeira e Raul, este cede a Quintela que se adentra na área e bate a Koke por alto. O equipo local deulle a volta o marcador nunha primeira media hora floxa. No 44′ a piques estiveron os locais de aumentar o marcador en 3 remates de Raúl, Juanjo e Fita e que foron desbaratos pola defensa xalleira, pero antes do paso por vestiarios chegou o terceiro do Sofán nunha acción a balón parado que transforma Juanjo, e con este resultado de 3-1 se chegou o descanso. Despois do descanso o Sofán saiu con outra actitude e no 49′ chegou o 4-1, nun cambio de orientación de Raul sobre Alexandre que pica o balón sobre a saida de Koke e cando está a piques de entrar o balón remachao Quintela (4-1). No 53′ unha combinación entre Marquitos e Doro, e de novo recibe Marquitos para mandar o balón o longueiro. O 5-1 chegaria de novo no 62′ nun gol de cabeza de Juanjo, bigoleador hoxe. O 6-1 marcariao Matias tras unha boa internada na área para batir a Koke por baixo no 75′. No 76′ Juan de Celia mandaria o balón o longueiro tras un bo tiro desde media distancia. E o último gol marcariao Raul no 88′ tras unha chegada de Martin que tira, e o rechace caelle a Raúl para poñer o 7-1 no marcador, e logo de ter varias ocasións para marcar. Partido entretenido, sobre todo na segunda parte e co equipo local que sigue con unha boa xeira de resultados neste principio de ano, e que hoxe foi mellor nas dúas áreas”.
Adrián Lema, (Adestrador do Xallas FC) : “O resultado xa o dí todo. Pouco podo decir. O partido empezaba de cara para o Xallas pero pouco nos durou xa que os 25 segundos empataba o Sofán. O Xallas xogou ben e o equipo estaba ben plantado, pero chegou o segundo e nos últimos minutos o terceiro. Na segunda parte entramos pouco intensos e así chegararon os goles. Partido para pasar páxina e olvídalo”.
SD Sofán : Brais, Añon, Dani Becerra, (David Castro, 42´), Gody, Viqueira, (Rubén, 63´), Canedo, (Carro, 58´), Juanjo, Alexandre, (Martím, 73´), Quintela, (Matías, 52´), Parafita e Raul.
Xallas FC : Coke, Peke, (Pablo), Jaco. Mouro, Santi, Jordan, Borja, (Manuel), Juan, Carlos, (Camilo), Doro e Marcos, (Crístian).
Goles : 0-1, Marcos Mouro, (23´); 1-1, Quintela, (24´); 2-1, Quintela, (26´); 3-1, Juan, (45´); 4-1, Quintela, (49´); 5-1, Juan, (65´); 6-1, Matías, (75´); 7-1, Raúl, (88´).
SD FISTERRA 2-1 BOIMORTO CF
Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido moi completo do Fisterra, contra un rival moi físico e intenso. Na primeira parte xogamos contra o vento, e o Boimorto apretaba bastante. De todas formas controlamos o partido, sin pasar apuros con un xogo en medio campo moi igualdo por ambos equipos. Esperábamos que o vento a favor da segunda parte nos axudara. Makaay por duas veces puido desnivelar o partido, pero o balón sigue sin entrar. Empezou a segunda parte e controlábamos o partido con ocasións constantes, hasta que a expulsión de Julio no minuto 60 deixounos en minoría, pero a pesar de eso o equipo seguíu controlando o partido. De novo Herbert de falta lonxana e Makaay en boca de gol, rematou a fermosa falta que había tocado no poste e quedou na liña de gol. O segundo no minuto 75 de Makaay o transformar un penalti que lle fixeron a Jesus. O gol do Boimorto chegaba no desconto. Son 3 puntos máis para seguir aí arriba, e poder encarar o partido en Boiro da vindeira semana máis tranquilos”.
SD Fisterra : Jorge, Pablo, Breixo, Adrián “Makaay”, Herbert, Javier, Daniel, Julián, Aarón, e Julito. Tamén xogaron : Jesús, Rodrigo, Lestón e Marcote.
Goles : 1-0, Adrián “Makaay”, (62´); 2-0, Adrián “Makaay”, (76´ de penalti); 2-1, Adrián Pose, (92´);
Incidencias : Gran ambente no “Arasolis”. O colexiado do encontro, David Jiménez, expulsou con vermello direto ao xogador da SD Fisterra, Julito no minuto 51.
CLASIFICACIÓN
SD Fisterra : 2º con 42 puntos
SD Sofán : 10º con 27
Xallas FC : 18º con 15
–Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.
www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.