PREFERENTE NORTE, (20ª Xda) : “DERROTAS DA SD SOFÁN E XALLAS FC”, (Crónicas).

 

Atlético Coruña Montañeros CF 2-1 SD Sofán

Marco López, (2º Adestrador do SD Sofán) : “Derrota do Sofán ante o Atletico Coruña Montañeros pola mínima (2-1). O partido poñíase pronto de cara para o equipo sofanista, xa que no minuto 3 e despois dun saque de banda o balón chega a Fita que prolonga para Fabián que dentro da área pequena bate a Brais para poñer o 0-1. A réplica do Montañeros chegou no 12′ onde nunha boa acción individual Quique Cubas supera a Gody e David Castro para plantarse diante de Brais, facerlle unha vaselina e cando estaba a piques de cantarse o empate o balón e despejado por Juanjo na liña de gol. O Montañeros buscaba constantemente a Quique Cubas en balóns largos pero que eran cortadas pola defensa sofanista. No 23′ e tras un corner volve a rematar Cubas por encima da meta de Brais. O Sofán intentaba combinar en medio campo con Fabián e Carro e con boas incorporacións polas bandas, sobre todo de Fita, moi participativo hoxe. No 38′ Kevin filtra un bo balón para Pedro que no man a man con Brais resolve ben o meta. Foi no 41′ cando chegou o empate dos locais, nun bo pase entre liñas de Cubas a Kevin, os dous mellores do Montañeros hoxe, para que o atacante marque por baixo ante a saida de Brais e poña o 1-1 co que se chegaria o descanso.

Na segunda metade intercambiaronse os papeis, e donde o Montañeros quixo ter mais o balón fronte a un Sofán que quizais xogou demasiado en largo. Os de Alberto Rodríguez quixeron aproveitar estas situacións metendo a Raúl no campo. Houbo varias accións dubidosas dentro da área do Montañeros que o árbitro non apreciou, primeiro nun manotazo sobre Fita e despois en duas accións sobre Raúl e Juanjo. E no tramo final, e cando o partido parecia que iba acabar en empate chegou o 2° gol do Montañeros nun balón en largo para a carreira de Diego que centra para que remate Kevin no 2° pau e poña o 2-1 definitivo.

Goles : 0-1, Fabián, (3´); 1-1, Kevin, (42´); 2-1, Kevin, (81´)

 

 

SD Sofán : Brais, Raúl Añón, Canedo, Gody, David Castro, Fabián, Carro, Juanjo, Alexandre, Quintela e Fita.

Cambios:
65: Matias x Carro
70: Raul x Quintela
73: Paulo x Fita
81: Ruben x David Castro
85: Becerra x Alexandre.

 

 

Xallas FC 1-2 SD Residencia

Adrián Lema, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido sin un dominador claro e con poucas ocasions. Ainda así o xallas quería mais o balón e achegabase tímidamente a area rival ainda sin moito peligro. Na única ocasión que tubo o rival no min 43 marca e deixanos tocado xa que faltaba pouco para o descanso. Na segunda parte salimos a polo partido e outra vez en una ocasión fortuita marca o residencia o principio da 2 parte. Ainda así o xallas foise arriba e a polo partido e Juan de celia marca e recorta diferencias o residencia estaba metido atrás e intentaba buscar balón largo pero sin éxito. Alex blanco e mato puideron empatar pero non tuberon suerte. Injusta derrota”.

Xallas FC : Coke, Peke, (Doro), Loureiro, ( Juan de Celia), Jacobo, Crístian, Jordan, (Manuel), Marquiños, Carlos, (Grille), Blanco, Pablo Mato, (Camilo), e Borja.

Goles : 0-1, Veloso, (44´); 0-2, Dani López, (53´); 1-2, Juan de Celia, (78´).

 

 

Laracha CF 0-1 SD Fisterra

Para ver a crónica deste encontro disputado o sábado PREME AQUÍ.

 

CLASIFICACIÓN
SD Fisterra : 2º con 39 puntos
SD Sofán : 12º con 24 puntos
Xallas FC : 18º con 15

.

.

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

-Foto : Marco López
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.