PREFERENTE NORTE, (17ª Xda) : “GOLEADA DO FISTERRA, GOLEADO O XALLAS E SUPENDIDO O ENCONTRO DO SOFÁN”.

Ledicia dos fisterráns no vestiario do “Lino Balado”.

 

A derradeira xornada do 2019 na Preferente non foi nada prolífica, primiro ca suspensión dos encontros do sábado por mor da borrasca profunda “Fabien” que trouxoi ventos de máis de 150 Kms/h, e despois polos desperfectos que fixo en algúns campos, así como as chuvias de primeiras horas da mañán e chubascos de pola tarde.

O SD Fisterra visitou ao Sigüeiro CF e amosou todo o seu podería para golear a doicilio, (0-3), namentras que o Xallas FC era goleado na Fontenla polo SD Sarriana, (4-0). Pola sua banda o SD Sofán que tiña que xogar no Carballal ante o Boimorto, vía como o seu derradeiro encontro do ano era suspendido.

Nos outros equipos da nosa zona o Laracha CF salvaba un punto ante o SD Dubra, (2-2) e o Atlético Arteixo suspendía o encontro que tiña que xogar na Porta Santa ante o Galicia de Mugrados, así coma o encontro do CF Noia ante o Atlético Coruña Montañeros CF.

 

CRÓNICAS

 

Sigüeiro CF 0-2 SD Fisterra

Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Fixemos un partido moi completo de principio a fin. Entramos moi ben no partido, ainda que o porteiro local, nin tivo un bo día, e dounos facilidades non esperadas nos 2 primeiros goles. Iván, o noso porteiro, puxo o primeiro no minuto 10 de pase longo a Makaay, que confundíu o porteiro no bote do balón. Capelo de falta direta facía o segundo. Na segunda parte aguantamos os envites de Sigüeiro, pero sin pasar apuros. Nunha contra nunha xogada moi ben trenzada de Julián, Makaay e Santi, este último marcaba o terceiro e acabouse o partido, e a mala racha que arrastrabamos. 3 puntos máis para seguir soñando e Feliz Nadal para todos!!”.

Goles : 0-1, Iván, (10´); 2-0, Capelo, (30´); 0-3, Santi, (65´).

Campo : Lino Balado, (Sigüeiro).

Incidencias : Con esta vitoria o equipo da “Fin do mundo” acaba un extraodinario 2019 na segunda praza.

 

Xallas 0-4 SD Sarriana

Adrián Lema, (Adestrador do Xallas FC) : “Mal partido do Xallas donde non saeu nada ben. Ainda así despois dunha expulsión moi dubidosa casi insistente intentamolo pero sin acertó. Na primeira parte puxéronse moi pronto por diante, e despois co penalti e un home menos costounos acabar a primeira parte. Na segunda e con 10 o Xallas deuno todo e apretóu pero o final marcan 2 goles e así terminamos. Admirable o esforzo que fixemos”.

Goles : 0-1, Alberto, (8´); 0-2, Omar, (23´ de penalti); 0-3, Omar, (84); 0-4, Álvaro, (86´).

Campo : A Fontenla, (Santa Comba)

Incidencias : Expulsado por dobre cartón o xallaeiro Jacobo, (23´e 41´).

 

RESULTADOS EQUIPOS DA ZONA

17ª Xornada

Xallas 0-4 Sarríana 

Boimorto-Sofán : Suspendido

Laracha 2-2 Dubra 

Sigüeiro 0-3 Fisterra

Arteixo-Galicia Mugardos : Suspendido

Laracha 2-2 Dubra

Atlético Coruña Montañeros-Noia : Suspendido

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

 

 

-Foto : SD Fisterra

-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies