SD Sofán no “O Monte” esta tarde.
San Tirso 2-1 SD Sofán
Marco López, (2º Adestrador do SD Sofán) : “artido disputado no campo de O Monte onde chegaba o Sofán a un campo de características similares o do Carral e do que queria sacar proveito.Tras os primeiros minutos de tanteo por parte dos dous equipos, chegou o gol dos locais no primeiro cuarto de hora, onde tras unha falta lateral botada por Alvaro e ante o tráfico na área colase na porteria de Alex Lopez poñendo o 1-0. As chegadas constantes as áreas foron a tónica xeral durante todo o partido debido as dimensións do campo, e nunha delas, antes do descanso, chegaria o empate, tras un bo centro dende a banda esquerda de Eibe que remata no primeiro pau Canedo e o seu remate desviao o fondo da sua propia porteria César. Así se chegaria o descanso.
Na reanudación volveron as alternancias nas ocasións en cada equipo e no 58′ un centro de Eibe volve a pasearse pola area pequena sin que Raúl nin Fabian acertasen a rematar, e a mesma acción repetiriase uns minutos despois.
a SD reclamou un penalti sobre Juanjo que o arbitro non considerou como tal.
No 81′ e tras unha xogada no que os locais reclamaron unha falta sobre Fabian chega a acción do segundo gol, onde o balón chega a banda dereita, onde recibe Xian e tras adentrarse no vértice da area marca de tiro cruzado ante a saida de Alex Lopez. Outra semana onde o equipo sofanista fai méritos para levarse o partido, pero o final a sorte decantase do lado contrario.
FICHA TÉCNICA
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia.es/Marco López
-Ficha Técnica : RFGF/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.