O Sofán escapouselle un punto no treito final do encontro en Sigüeiro.
SD Fisterra 1-0 Puebla CF
Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido igualado de principio a fin, dous equipos moi intensos, donde o balon parado, a nosa especialidade, decidíu o partido. Nun corner a primeiro pao, no minuto 25, donde Andrés se adelantou a todos e marcou. O Puebla adiantou liñas, pero o equipo estivo de 10 en defensa.
Ivan o noso porteiro a penas fixo paradas, pero dounos unha tranquilidade na suas intervencións, moi importante para o resultado final. 3 puntos máis, supemos aproveitar os tropezos do Viveiro e Boiro, para seguir aí arriba. Puidemos aumentar a diferencia no marcador na segunda parte, con dous balóns o pao, un de Makaay de cabeza, e outro de Andrés co pé, nunha serie de rexeites tras un corner”.
FICHA TÉCNICA
CD Boiro 1-1 Xallas FC
Adrián Lema, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido diante dun Boiro que sabíamos do seu potencial e que para sacar algo positivo na sua casa hai que xogar a un 100%, xa que ten unha gran plantilla. Na primeira parte non estivemos finos e non fomos capaces crear peligro, e eles estaban moi cómodos e llevaban a iniciativa no partido. Poñíanse por diante no minuto 16, demos un paso adiante, pero poucas veces creamos peligro. Na segunda parte cambiamos certas cousas e puidemos igualar as forzas, e así ter algunha ocasión de gol por mediacion de Pablo e Doro. Nun saque de corner, Blanco peina, e Santi marca o gol do empate. O partido estaba aberto con varias ocasións, pero o final xa non se movería o marcador”.
FICHA TÉCNICA
Sigüeiro CF 2-1 SD Sofán
Marco López, (2º Adestrador do SD Sofán) : “Partido onde houbo unha parte para equipo. Empezou o Sofán con un bo ritmo nos primeiros minutos con un bo Quintela na punta de ataque e que foi un incordio para a defensa rival. Tivo Quintela a primeira ocasión no 7′ despois de recibir un pase de Matías e o seu tiro vaise por encima do longueiro. No 20′, e tras outro pase de Alexandre a Quintela este non acerta dentro da área. O Sofán ibase asentando no campo e tiña varias ocasións para abrir o marcador. Sería no 25′ cando un saque de banda de Añon recibeo Matías en área pequena, tira e o seu disparo pega en Castro e colase na sua portería poñendo o 0-1. O Sigüeiro intentaba combinar con Mata e Colón no medio e sobre todo cargaban o xogo sobre a sua banda dereita, onde sigue dando guerra o incombustible Juanito. Antes do descanso un balón en profundidade sobre Quintela e que na disputa con Dacuña se reclamou penalti sobre o atacante. Con este resultado chegouse o descanso e con un Sofán que estaba sendo dominador do encontro.
Na 2ª parte cambiou o rol e foi o Sigüeiro o dominador do partido, metendo 2 cambios no descanso. Foi precisamente un deses cambios, Darío o que puxo o empate tras unha acción que empeza nun cambio de orientación de Mateo sobre Juanito, este controla e o seu centro rematao Dario de cabeza para poñer o empate.
o Sigüeiro seguiuno intentando con acercamentos sobre a meta de Brais, pero sen acerto. No 80′ unha boa contra levada por Quintela, que cede o balón atrás sobre Alexandre que realiza un bo disparo e que desvia a corner Dacuña cando xa se cantaba o gol. E cando parecia que o partido ia acabar en empate unha contra do Sigüeiro acaba co definitivo 2-1 a piques de rematar o encontro”.
FICHA TÉCNICA
PREFERENTE NORTE
(Equipos “Zona Pirata”)
-13ª Xornada-
Atlético Arteixo 1-1 Lemos CF
Boiro 1-1 Xallas FC
Laracha CF 0-1 CF Noia
Sigüeiro CF 2-1 SD Sofán
SD Fisterra 1-0 Puebla CF
-Foto : SD Sofán
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR