PREFERENTE NORTE, (11ª Xda) : SD FISTERRA 4-1 SD SOFÁN : “O FISTERRA AMOSA O SEU PODERÍO”.

Os fisterráns celebraron a vitoria no derbi.

 

SD Fisterra 4-1 SD Sofán

Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido xogado nunhas condicións moi difíciles de vento e chuvia. Tivemos a sorte de coller campo a favor, e o que golpea primeiro golpea duas veces. No minuto 5 adiantámonos nun corner rematado por Aarón. Co vento a favor xoganos balóns longos para Makaay e Breixo, que provocaron saques de banda e corners que soubemos aproveitar. No minuto 15, Muros, de corner, ecun remate de cabeza poñía o 2-0. Seguíamos dominando e creando ocasións e no a media hora, Makaay asistía a Breixo para facer o 3-0. Na segunda parte cambiaban as tornas, agora a climatoloxía en contra, arreciando o vento que dificultaba moito o xogo. O Sofán non se adaptou, e nunha contra recibeu o 4-0, obra de Dani, a pase de Herbert. Aguantábamos os embites do Sofan, ata o minuto 44 que puxeron o 4-1, obra de Eibe de forte disparo de fora do área. 3 puntos máis e a seguir así”.

Marcos López, (2º Adestrador do SD Sofán) : “Apenas media parte lle chegou o Fisterra para resolver o derbi ante o Sofán. O forte vento durante o todo o partido e a favor do Fisterra na 1a parte fixo que o equipo local chegase con unha vantaxe de 3-0 ao descanso. O primeiro gol chegou no 3′ despois dun corner que saca Mackay e que remata Aaron Lopez no 2° pau. O Sofán quería combinar pero con moitas dificultades debido a presión rival e con vento en contra cando quería xogar en largo facia que o balón volvese a posicións mais atrasadas para volver a empezar. Ainda asi, nunha boa combinacion entre Fabian e Luis, este cede a Fita que se interna na área e o seu centro non atopa rematador. No 26′, chega o 2° do Fisterra nun saque de banda de Pablo Vigo que remata Aaron Fernandez, e no 39′ un balón que recibe Mackay en banda dereita, mete un pase na área e remata no segundo pau Breixo chegando desde atrás. Na reanudación, e con varios cambios no equipo sofanista, o equipo visitante quixo aproveitar esta situación para embotellar o Fisterra que era agora o equipo o que lle custaba sair. Ainda asi e nunha perda de balón, inicia unha contra Herbert que realiza un bo pase dentro da área para que Asensio poña o cuarto no marcador. De aí ata o final o Sofán seguiuno intentando pero solo puido maquillar o resultado no 89′ con un gol de Eibe desde a frontal da área ante un Fisterra que soupo rentabilizar os goles da primeira parte”.

 

FÍCHA TÉCNICA

 

CLASIFICACIÓN

(Equipos “Zona Pirata”)

SD Fisterra : 2º con 24 puntos a 4 do lider Viveiro

SD Sofán : 13º con 13 puntos

Atlético Arteixo : 9º con 16 puntos 

CF Noia : 12º con 14 puntos

Laracha CF : 18º con 8 puntos*

Xallas FC : 20º con 5 puntos*

 

RESULTADOS

Laracha 3-4 Xallas

Ribadeo 1-0 Noia 

Atlético Arteixo 3-1 Puebla 

Fisterra 4-1 Sofán 

 

-Foto : FaceBook SD Fisterra

-Texto : Adestradores-piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.