PREFERENTE NORTE, (11ª Xda) : LARACHA 3-4 XALLAS : “PRIMEIRA VITORIA XALLEIRA NO DUELO NO ABISMO”

Julián, (Xallas FC).

 

Laracha CF 3-4 Xallas FC

Primeira vitoria do Xallas FC no que vai de campionato nun duelo no abismo da clasificación, 18º contra 20º, moi lonxe do que se esperaba de ambos sobre o papel. A vitoria dos de Santa Comba deixa moi tocado o equipo larachés, e saca da posición de “pechacancelas” o equipo xalleiro a espera do que faga o Atlético Coruña Montañeros o Domingo en Boimorto. A cada gol dos larachese respostou o equipo xalleiro ata chegar a remontar, (2-3), para volver a igualarse as cousas, e levarse o choque os visitantes gracias a efectividade de Álex Blanco que tras poñer o 2-3 de penalti e ver como lle empataban os poucos, volver a marcar xusto depsois da igualadapara vacer o gol que lles daría a vitoria.

Adrián Lema, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido moi intenso desde o primeiro minuto. O Laracha ponse por diante cun gol desde fora da área. O Xallas non se foi abaixo e empatou por mediación de Jacobo cun disparo ca zurda desde fora da área. Antes do descanso en un rexeite toca lixeiramente e desvia e marca. Así fomos o descanso. Na segunda parte o Laracha sae máis enchufado e no minuto 55 marca Jonathan , nunha contra. O Xallas reacciona e volvé a enchufarse e nun centro marca de cabeza Blanco. O partido era un ida e vida, e nunha individualidade de Juan de Celia entra na área e fanlle penalti, que marca Blanco. O partido acabou un pouco tolo pero o Xallas estaba concentrado, e así acabou o partido”.

 

FICHA TÉCNICA

 

 

RESTO DA XORNADA

-11ª Xda-

01/11/2019

Laracha 3-4 Xallas

Ribadeo 1-0 Noia 

San Tirso 1-1 Sarriana

03/11/2019

Atlético Arteixo-Puebla : ás 12:00 horas

Fisterra-Sofán : ás 16:30 horas

 

CLASIFICACIÓN 

(Equipos “Zona Pirata”)

SD Fisterra : 2º con 21 puntos a 4 do lider Viveiro

SD Sofán : 12º con 13 puntos

Atlético Arteixo : 11º con 13 puntos 

CF Noia : 9º con 14 puntos

Laracha CF : 18º con 7 puntos*

Xallas FC : 19º con 5 puntos*

*Cun encontro máis.

 

-Fotos e texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies