PREFERENTE GALICIA FSFS, (24ª Xda) : O FISOBER FSF DALLE A VOLTA A UN 3-1 EN CONTRA EN RIBADABIA PARA ACABAR GAÑANDO 5-6.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

Ana Mouzo fixo dous dos goles fisoberistas.

RIBEIRO DO AVIA FC 5-6 FISOBER FSF

RIBEIRO: Paula, Inés, Lucía, Paula Pereiro, Nerea. Tamén xogaron: Lucía Puga, Aldara, Nair.

FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Ana, Carre, Saray. Tamén xogaron: Claudia, Adriana, Uxía.

ÁRBITROS: Óscar Gulin, Julio Fernández.

GOLES: 1-0 min 1 Paula Pereiro, 2-0 min 2 Inés, 2-1 min 12 Uxía, 3-1 min 19 Inés, ( descanso), 3-2 min 24 Saray, 3-3 min 27 Ana, 3-4 min 28 Ana, 4-4 min 29 Nair, 4-5 min 31 Uxía, 4-6 min 36 Adriana, 5-6 min 39 Nair.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 24ª xornada de liga na Liga Autonómica-Preferente Galicia disputado na mañán do domingo no PM Ribadavia.

O equipo costeiro deulle a volta a un marcador de 3-1.

O Fisober acadou un importante triunfo despois de iniciar novamente cun dous cero en contra, pero foi quen de levarse os tres puntos cara a Costa.

Non puido iniciar de peor forma o partido para o Fisober xa que en dous minutos xa ía con dous goles en contra obra de Paula Pereiro e Inés.

Tentou desperezarse algo o cadro costeiro cun tiro de Paula Fandiño e cunha ocasión para Ana.

Despois un roubo de Saray para Carre case ten resultados. Sorprendían de vez en cando as locais co xogo de cinco e poñían en apuros a Sharay.

Unha combinación entre Paula Fandiño e Adriana remata cun balón no pau. Despois era Ana quen case sorprende a porteira cun tiro exterior.

Mediada esta primeira metade un roubo e posterior contra remata co gol de Uxía para o dous a un.

Pouco despois era Carre a que case anota a igualada. Tamén o intentaba Saray cun lanzamento ao pau. E de novo a mesma Saray tras pase de Paula Fandiño.

Pero cando íamos chegar ao tempo de lecer e despois dunha ocasión de Ana a contra remata co terceiro gol local obra de Inés.

A volta dos vestiarios o partido era un ida e volta. E nesas un envío de Sharay dende a portería para Saray remata co gol desta para recurtar distancias.

As locais quixeron respostar ao gol pero apareceu Sharay con dúas boas intervencións.

Quen si marcou foi o Fisober cun tiro exterior de Ana que petou nunha xogadora local e supuxo o empate a tres.

E case sen respiro Ana era a máis lista da clase para facer o tres a catro para as costeiras.

O partido estaba tolo as locais salen co xogo de cinco e marcan por mediación de Nair para o catro a catro.

O Ribeiro poñía en perigo novamente a Sharay, pero quen golpeaba era o Fisober cun pase de Carre para Uxía para poñer de novo en vantaxe as costeiras.

As locais seguían co xogo de cinco e un roubo de Adriana case remata en gol. Quen pouco despois non desperdiciou outro roubo para poñer o catro a seis.

Unha Adriana que tivo o sétimo a pase de Uxía pero non acertou.

Quenes si acertaron foron as locais no último minuto co definitivo cinco a seis obra de Nair.

A vindeira semana chega o Terra de Celanova a Dumbría.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies