PREFERENTE GALICIA FSF : VITORIA DO FISOBER FSF SOBRE O FILIAL DO VIAXES AMARELLE FSF, (4-2).

PREFERENTE GALICIA

LIGA AUTONÓMICA

Fisober FSF 

FISOBER FSF 4-2 VIAXES AMARELLE B

FISOBER: Sharay, Lucía Martínez, Adriana, Paula Fandiño, Uxía ; Tamén xogaron: Claudia, Ana, Carre, María Dumbría, Saray.

AMARELLE B: Aída, Marta Hermo, Ana Bermúdez, María Lijó, Laura Rivas; Tamén xogaron: Nerea Ramayo, Lucía Sestayo.

ÁRBITROS: Noemí Costoya, Carlos Raggiati.

GOLES: 1-0 min 7 Paula Fandiño, 2-0 min 12 Uxía ( descanso), 2-1 min 28 María Lijó, 3-1 min 29 Ana, 4-1 min 32 Uxía, 4-2 min 37 María Lijó.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 21 ª xornada de liga Preferente Galicia-Liga Autonómica disputado na tarde do sábado no PM de Cee.

O Fisober sacaba os tres puntos nun novo partido coma local desta vez no “exilio” de Cee e desfixo o maleficio xa que a súa única derrota coma locatario esta tempada fora precisamente nese pavillón fronte ao Meigas.

O inicio do partido foi con posesión para o Fisober pero ocasións para as visitantes. Ata tres tiveron as herculinas entre elas cun tiro ao longueiro.

Despois o partido comezou a calmarse e as costeiras a animarse. Ata que unha triangulación entre Ana e Saray para un pase atrás no que Paula Fandiño non erra co seu tiro para o un a cero.

Un roubo de Carre con pase para María de Dumbría que vía como a porteira atallaba o seu tiro. A resposta das visitantes poñía en apuros a Sharay que paraba e vía como o rexeite ía ao longueiro. De novo María de Dumbría tiña a ocasión para o Fisober pero a porteira voltaba a parar o seu envío no segundo pau.

Pouco despois Uxía aproveitaba un roubo na saída de presión do xogo de cinco para facer o dous a cero.

Agora era a xeira para Adriana que non acerta por pouco. Despois era Paula Fandiño a que poñía a proba a porteira herculina. O Fisober estaba a facer un xogo moi vistoso neses minutos finais co que se chegou o tempo de lecer.

A volta de vestiarios un pase de Adriana para Paula Fandiño a piques estivo de ter éxito. O xogo era agora de posesións longas pero poucas ocasións.

Mediada esta segunda metade un contragolpe das visitantes era rematado pola ceense María Lijó para facer o dous a un. Pero pouco lle durou a ledicia as visitantes xa que logo Ana facía o tres a un.

E un par de minutos despois era Uxía a que cun tiro ca zurda facía o cuarto gol para as costeiras. Unha Uxía que envía despois un balón a Carre que vía como a portieira detiña o seu lanzamento.

A tres para o fin de novo María Lijó reducía distanzas con catro a dous definitivo.

Antes do final Uxía e Paula Fandiño tiñan as últimas ocasións para as locais.

A vindeira xornada visita do Fisober ao Concello de Begonte, un partido no que podería voltar as pistas Mai, uns meses despois de colgar as botas e axudar en categorías inferiores decidiu descolgalas de novo para axudar neste sprint final.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad