PREFERENTE GALICIA FSF : O FISOBER LÉVASE UN TRABALLADO TRUNFO ANTE O TERRA DE CELANOVA FSF, (2-0).

PREFERENTE GALICIA

LIGA AUTONÓMICA

 FISOBER FSF 2-0 TERRA DE CELANOVA FSF 

FISOBER: Sharay, Ana, Paula Fandiño, Carre, Uxía ; Tamén xogaron: Adriana, Lucía Martínez, Saray.

CELANOVA: Rosa, Eva, Laura, Mónica, Belén; Tamén xogaron: María, Sonia, Cris.

ÁRBITROS: Jairo Mosteiro, David Miras.

GOLES: 0-0 ao descanso; 1-0 min 23 Saray, 2-0 min 37 Ana.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 25ª xornada de Liga Autonómica-Preferente Galicia disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.

Importante triunfo para o Fisober que asegura matemáticamente a permanencia a falta de catro xornadas para elas, pero cinco ou seis para outros equipos debido os aprazados por COVID, e mirando dende xa cara arriba na busca da mellor clasificación posible, rematando a xornada no cuarto posto cos condicionantes antes mencionados.

Comezaba con presión alta o equipo visitante e froito diso un roubo facía que mandaran o balón ao pau e tiveron outra moi boa ocasión.

Desperezou o Fisober cun par de ocasións e un tiro de Paula Fandiño rozando a escadra. Pero o Celanova sigue a poñer en apuros a Sharay.

O Fisober tiña a súa cun lanzamento de Ana que desvía unha xogadora visitante ca cabeza. Despois chegou unha triple ocasión de Paula Fandiño cun último lanzamento ao pau.

O Celanova creaba perigo no segundo pau e o Fisober cun tiro de Saray. Despois unha triple ocasión de Paula Fandiño, Lucía Martínez e Adriana finalmente.

As últimas ocasións desta primeira metade foron para Paula Fandiño e Uxía despois dun roubo de Saray.

A volta dos vestiarios a primeira ocasión foi para as visitantes. As locais non superon aproveitar unha oportunidade por cesión das visitantes.

Pero nun saque de banda Paula Fandiño foi a máis lista e co seu pase deixou sola a Saray para adiantar as costeiras.

Despois do gol apretou o Celanova e fixo intervir en varias ocasións a Sharay na portería. Sufrían as costeiras.

Un par de roubos de Uxía e os conseguintes tiros puxeron o medo no corpo as visitantes e deron folgos as locais. Despois foi Paula Fandiño a que probou sorte.

Decidiron arriscar as visitantes co xogo de cinco e case conseguen o premio pero a súa xogada rematou finalmente no pau.

O Fisober seguía o seu e nun roubo Ana acadaba o gol dende campo propio para poñer o dous a cero.

Aínda tivo unha última oportunidade Sharay dende a portería para facer o terceiro.

Coa Semana Santa e a xornada de descanso pendente o Fisober non debería competir ata o fin de semana do un de maio ca visita do Balaidos.

Por certo hai dispoñible un video do partido na páxina do Facebook do Fisober.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad