PREFERENTE GALICIA FSF : O FISOBER FSF GOLEA AO GRI CARBALLIÑO, (5-1), NO MELLOR ENCONTRO DAS FISOBERISTAS COMO LOCAL.

PREFERENTE GALICIA FSF

Liga Autonómica

Equipo que se enfrontou o Carballiño.

 

Fisober FSF 5-1 GRI Craballiño FS

FISOBER: Sharay, Patri, Adriana, Paula Fandiño, Nuriña; Tamén xogaron: Claudia, Ana, Barca, Mai, Lucía Martínez.

CARBALLIÑO: Sara, Andrea Mosquera, Paula, Tere, Ana; Tamén xogaron: Andrea Blanco, Noelia, Andrea González, Chiqui, Leti, Paula Peña.

ÁRBITROS: Carlos Raggiati, Nicolás Antonio Cutrone.

GOLES: 1-0 min 4 Patri, 2-0 min 5 Paula Fandiño, 3-0 min 18 Paula Fandiño ( descanso), 3-1 min 26 Chiqui, 4-1 min 31 Ana, 5-1 min 39 Adriana.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a décima xornada de Liga Preferente Galicia Feminina- Liga Autonómica disputado na tarde do sábado nas ID de O Conco en Dumbría.

 

Ana fixo un dos goles do encontro.

 

CRÓNICA

O Fisober sigue ca súa boa xeira de resultado e segue a contar os seus partidos coma locais coma vitorias.

O Fisober fixo posiblemente o seu mellor partido coma local para disfrute da súa parroquia, con multiples ocasións de gol, con ata catro tiros ao ferro con Patri e Paula coma protagonistas dos mesmos, ante un bo rival da vila de moda en Galicia e posiblemente en España.

Arrancou moi forte o conxunto costeiro e con gañas de aclarar o partido dende o inicio.

E así foi xa que aos catro minutos era Patri a que adiantaba ao conxunto local para poñer en vantaxe as súas.

Non tardou moito en poñer máis terra de por medio o equipo de O Conco, cun gol de Paula Fandiño para darlle dous goles de diferenza ao Fisober en tan solo cinco minutos.

Ca tranquilidade que da o vento a favor dende tan pronto as costeiras despregaron un bo xogo e acumularon ocasións pero os ferros ou a porteira visitante desbaratábanas.

Pasaron os minutos e o electrónico non mudaba pero as sensacións seguían a ser positivas.

Ata que chegando aos últimos minutos desta primeira metade de novo Paula Fandiño incrimentaba o tanteador para as costeiras.

Co tres a cero chegouse ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios todo seguía igual, cun Fisober moi centrado con ocasións para todas as súas xogadoras, cunha Barca que non tiña o seu día de cara o gol.

Poñía o tres a un no electrónico Chiqui co gol para as visitantes, pero o Fisober non se descompuxo nin se puxo nervioso e seguíu ao seu.

Así era Ana a que mediada esta primeira metade facía o catro a un para o Fisober.

Pasaban os minutos e o resultado seguía igual ata que pouco antes de chegar ao último minuto Adriana facía o definitivo cinco a un para o conxunto costeiro.

A vindeira xornada toca unha difícil visita a terras lucenses ante o Ribeira Lieders.

-Fotos e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad