PREFERENTE GALICIA FSF : “EMPATE EN CARBALLIÑO DO FISOBER FSF, (2-2), NUN CHOQUE QUE SE LLES FOI NOS DERRADEIROS MINUTOS”.

PREFERENTE GALICIA

-LIGA AUTONÓMICA-

As fisoberistas chegaron a ir 0-2.

GRI CARBALLIÑO 2-2 FISOBER FSF 

CARBALLIÑO: Andrea, Paula, Tere, Almu, Ana; Tamén xogaron: Sara, Mosquera, Laura, Chiqui, Letizia.

FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Carre, Uxía, Saray; Tamén xogaron: Lucía Martínez, Adriana, María Dumbría.

ÁRBITROS: Víctor Cruz, Lucía Toro.

GOLES: 0-1min 11 Paula Fandiño, 0-2 min 15 Adriana, ( descanso), 1-2 min 38 Letizia, 2-2, min 39 Almu.

Incidencias : Partido correspondente a 16ª xornada de liga primeira da segunda volta disputado na tarde do sábado no Anexo do “Paco Chao” de O Carballiño.

CRÓNICA

O Fisober acadou un empate e tamén o average nun igualdo partido que chegou a dominar por cero a dous, ao que chegaba moi xusto de efectivos e que perdeu por moitos minutos do mesmo a Saray aturdida despois dun forte balonazo.

Comezou forte o Fisober primeiro cunha boa ocasión despois de saída de presión por parte de Saray que envíaba para Uxía pero evitaba o gol a porteira local.

Unha Saray que tiña unha nova ocasión pouco despois. A seguinte ocasión para as costeiras era cun envío de Paula Fandiño para Carre que non anotou por pouco.

As locais conseguían desperezarse e chegaban nun par de ocasións con bastante perigo.

O partido abríase con ocasión para ambos lados, primeiro Saray probaba a porteira local e logo eran as do Carballiño as que probaban a porteira costeira Sharay.

Paula Fandiño despois dun saque de esquina vía coma a porteira desvíaba o balón. De seguido as locais tiñan a súa.

Logo diso María Dumbría tiña unha boa dobre ocasión pero non era quen de anotar.

Quen si anotaba era cun tiro exterior que petaba nunha xogadora local Paula Fandiño para o cero a un a prol do Fisober. Novamente respostaban as locais pero Sharay paraba o lanzamento.

A cinco para fin unha boa ocasión para Uxía, unha Uxía que collía o rexeite e mandaba para que Adriana fixera o cero a dous.

O Carballiño quería reducir distanzas pero entre Sharay e Adriana baixo paus evitábano.

Un pase de Paula Fandiño para un remate acorbático de Adriana a piques estivo de ser o terceiro visitante.

Así se chegou ao tempo de lecer.

A volta de vestiarios algo trocou no partido con menos ocasións para ambos equipos. Os minutos ían pasando e o resultado non trocaba.

A mellor ocasión local era desbaratada por Sharay. E na mellor para o Fisober era Paula Fandiño a que facía o mesmo ca outra porteira.

As locais decidiron arriscar co xogo de cinco nos últimos minutos e a tolemía sailles ben.

Dous goles case consecutivos nos últimos minutos de Letizia e Almu desfixeron o bo traballo costeiro do resto do partido.

Despois da igualada unha dobre ocasión para o Fisober e un dobre penalti ao pau para as locais nos últimos segundos.

A vindeira semana chega o intratable líder a Dumbría o Cidade de Pontevedra.

-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies