LIGA PREFERENTE GALICIA
-LIGA AUTONÓMICA-
GRUPO FORMA.T VILALBA F.S. 1-3 FISOBER F.S.F.
VILALBA: Carmela, Paula, Carla, Antía, Elisa; tamén xogaron: Antía Roig, Ade, Sabela, Nerea, Akira, María.
FISOBER: Sharay, Adriana, Paula, Carre, Ana; tamén xogaron: Nuriña, Saray, María Dumbría.
ÁRBITROS: Álvaro Darriba e David Fernández.
GOLES: 0-1 min 7 Saray, 1-1 min 19 Carla,(descanso), 1-2 min 32 Paula Fandiño,1-3 min 33 Adriana.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a 8ª xornada de liga na Preferente Galicia-Liga Autonómica disputado na mañán do domingo no P.M. de Deportes de Vilalba.
O Fisober foi quen de gañar en Vilalba a un equipo que é unha pequena besta negra para as costeiras xa que nunca foran quen de lograr o triunfo ante elas, un rival potente. Acadando de paso os primeiros puntos a domicilio nesta tempada.
Comezou moi forte o Vilalba creando ocasións claras ante a porta de Sharay. O Fisober aguantaba como podía en media pista.
Un roubo de Ana provocaba unha contra que salvaba a porteira local no un para un.
Unha falta con centro ao segundo pau era rematado por Adriana con perigo.
Un roubo en tres cuartos de Saray remataba co gol despois dun rexeite desta última para poñer en vantaxe as costeiras aos sete minutos.
De novo un roubo e unha contra de Ana era desbaratada pola porteira local. Unha dobre ocasión agora de María de Dumbría que era evitada entre a porteira e o pau.
As locais tamén tiñan as súas occasions pero Sharay aparecía para desbaratalas. E a outra Saray a do ataque tamén poñía a proba a porteira local.
E cando parecía que as costeiras ían chegar en vantaxe ao tempo de lecer apareceu Carla para poñer as táboas no electrónico.
Comezaron a segunda metade os dous equipos moi imprecisos co balón.
Un roubo en tres cuartos das locais facían que Sharay evitase o gol local e que deran a volta ao partido. As locais voltaban a saír moi fortes nesta segunda metade e de novo Sharay era a que evitaba que o Vilalba se puxera por diante.
As costeiras desperezaban cunha contra entre Adriana e Ana que non chegaba a bo porto.
Unha parede entre Ana e Paula Fandiño remataba co gol desta última para poñer de novo por diante ao Fisober.
E case sen tempo unha xogada individual de Adriana facía o terceiro gol costeiro e daba máis marxe ao Fisober.
As locais deciden arriscar co xogo de cinco e as costeiras atopan ocasións nos roubos pero sen materializalas. Entre elas un tiro dende porta propia de Sharay.
Os últimos minutos foron de acoso local co xogo de cinco pero Sharay fíxose forte e deixou o marcador tal como estaba.
A vindeira xornada o Fisober recibe ao segundo clasificado o Ribeiro do Avia.
-Foto e Texto : Fisober FSF/Luis Sambad