PREFERENTE GALICIA FS, (3ª Xda) : “VITORIA DO FISOBER NO DERBI ANTE O VIAXES AMARELLE “B”, (2-1)

Gol do Fisober FSF ante o Viaxes Amarelle FSF.

 

PREFERENTE GALICIA

(LIGA AUTONÓMICA)

Partido correspondente a 3ª xornada de Liga Preferente Galicia- Liga Autonómica disputado na tarde do domingo nas I.D. de O Conco en Dumbría.

 FISOBER F.S.F. 2-1 VIAXES AMARELLE “B” 

FISOBER : Lía, Paula Fandiño, Ana , Carre, Mai , tamén xogaron : Adriana, Kenny, María Dumbría, Sharay, Saray.

AMARELLE B : Aida Dopazo, Carliña, Marta Hermo, Mónica, María Sequeiros ; tamén xogaron ; Nuria Sánchez , María Lijó, Nerea, Carla Riomao, Nuria Rodríguez.

ÁRBITRO : Francisco Pena

CRONO : Lucía Blanco,

GOLES : Descanso (0-0) , 0-1 min 28 Carliña, 1-1 min 32 Adriana, 2-1 min 35 Paula Fandiño.

Ana Mouzo, que acabou saindo lesionada, nunha pugna cas “viaxeiras”.

CRÓNICA

O Fisober acadaba un novo triunfo ante o que era o líder invicto pero levouse un novo susto ca lesión da capitana Ana que rematou no hospital cunha lesión de xeonllo que queda pendente do diagnóstico definitivo cando baixe a inflamación, toca cruzar os dedos para que sexa o menos posible.

O partido comezaba con dous equipos observándose, sen querer arriscar máis da conta conscientes do equilibrio do partido. Cun primeiros minutos de tanteo entre ambos conxuntos.

A primeira gran ocasión do partido sería para a visitante Mónica mediada a primeira metade. A resposta local foi por parte de Ana e Paula Fandiño por partida dobre pero as porteiras rendiron a gran nivel. De novo tiña unha gran ocasión o filial viaxeiro pero Lía desbarataba a oportunidade. Tamén Marta Hermo probaba a cancerbeira local.

Na mellor ocasión visitante do partido entre Lía e o pau acadaron manter o resultado gafas. As costeiras tamén tiñan as súas e nunha contra levada por Paula Fandiño aparecía a porteira visitante. Con ese resultado chegouse o tempo de lecer.

A volta de vestiarios seguía todo igual con dous equipos temerosos de cometer un erro que comprometera o resultado do partido. Todo trocou cando no minuto sete desta segunda metade nunha xogada totalmente fortuita se producía a lesión de xeonllo da capitana local Ana. Tan solo un minuto despois Paula Fandiño tiña unha boa ocasión cunha gran parada da porteira visitante. A resposta das viaxeiras foi un gol de Carliña de disparo cruzado que facía o cero a un no electrónico.

As do Fisober estaban en estado de shock trala lesión de Ana e o gol recibido así que o adestrador local Dani Costa decidiu pedir tempo morto para tranquilizar as súas. Paula Fandiño tiña de novo unha boa ocasión e a resposta visitante foi por medio de Carla Riomao que se topaba con Lía. A oito para o fin un lanzamento de Paula Fandiño era desviado por Adriana para poñer a igualada no electrónico. E nese mesmo minuto Paula Fandiño dispuña unha nova oportunidade. A cinco para o fin un novo lanzamento de falta de Paula Fandiño supuña o dous a un para as locais. A pouco máis de tres minutos para o remate do partido as viaxeiros optaron polo xogo de cinco, pero as costeiras aguantaron o empuxe visitante e leváronse os tres puntos.

A vindeira semana o Fisober visita Salceda.

O noso desexo de unha pronta e satisfactoria recuperación para Ana Mouzo que tiña que abandoar o encontro lesionada.

Carliña, (esq) e Paula, (der) nun lance do xogo no Conco.

ASÍ O VIRON DENDE O VIAXES AMARELLE :

Primera derrota de la temporada para el Viaxes Amarelle FSF B en un igualado encuentro contra el Fisober FSF (2-1).

CRÓNICA

El Viaxes Amarelle FSF B, dirigido por María Bardanca y Chema Aranda, defendía el liderato de la Liga Preferente Galicia Femenina FS tras sus dos goleadas en las dos primeras jornadas de liga; y en la jornada de este domingo, cambio la suerte para las herculinas. El filial herculino se medía frente a un Fisober FSF, que todavía no conoce la derrota en el inicio de competición autonómica; y tras un encuentro muy igualado, donde el Viaxes Amarelle FSF B se adelantó primero en el marcador, terminó con un ajustado marcador en contra, tras dos acciones de falta directa que las locales consiguieron hacer valer y quedarse así con los tres puntos.

El partido empezaba con dos equipos que se querían tomar la medida sobre la cancha, y se veía mucha igualdad entre los dos conjuntos; sin que ninguno acabase de tomar la iniciativa, ni de generar muchas ocasiones de gol. De hecho las pocas ocasiones que ambos equipos consiguieron generar en los primeros veinte minutos de juego, fueron atajadas con buen acierto por parte de las arqueras de sus respectivos equipos.

En la reanudación, el partido seguía una dinámica igual a la de la primera mitad del encuentro; hasta que a los ocho minutos Carla Martínez conseguía abrir el marcador tras un potente disparo cruzado de quince metros. Con el marcador a favor, el partido continuaba con igual historia que sus inicios. Pero a falta de ocho minutos para el final del encuentro una falta al borde del área era aprovechada por las locales para conseguir igualar la contienda con un potente disparo, que tocaba en Adriana y ponía el 1-1 en el luminoso. Apenas unos minutos más tarde, una nueva falta al borde del área, terminaba con un el 2-1 en el marcador, tras un potente y colocado disparo de Paula. El filial herculino intentaba poner la igualada en los últimos minutos, sacando el juego de cinco sobre la cancha; pero fue incapaz de poner el gol necesario para conseguir el reparto de puntos; mientras que las locales conseguían quedarse con los tres puntos, provocando así la primera derrota del Viaxes Amarelle FSF B.

Tras este tercer partido de la temporada, ahora tocará volver al trabajo la próxima semana; para afrontar la que será la cuarta jornada de la Liga Preferente Galicia Femenina FS el próximo fin de semana en horario y pabellón todavía por determinar recibiendo la visita del Vilalba FSF.

-Crónica do Fisober FSF : Luis Sambad

-Crónica Viaxes Amarelle FSF : José Núñez

-Fotos : Fisober FSF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es