PREFERENTE FUTSAL MASVULINA, (16ª Xda) : “O Fisober compite con orgullo na Baña pese ás baixas (7-2)”.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA
16ª Xornada
FS A Baña 7-2 Fisober FSF

Derrota do Fisober FSF na sempre complicada saída ao Pavillón Municipal da Baña, nun encontro que abría a segunda volta da Preferente Futgal Masculina e que poñía aos costeiros fronte ao segundo clasificado e equipo máis en forma da competición. O marcador final non reflicte a competitividade dun Fisober que viaxou xusto de efectivos e condicionado polas lesións.

O partido comezaba da peor forma posible para os costeiros. No quecemento confirmábanse as malas sensacións de Iván, que arrastraba unha lesión dende o partido da Fonsagrada, e xa nos primeiros minutos Pablo tamén caía lesionado. O capitán Brais iniciou o encontro como porteiro, pero tivo que pasar a xogador de pista para permitir que o equipo tivese un recambio dispoñible.

A pesar das dificultades, o Fisober aguantou máis de media parte sen encaixar e incluso dispuxo de ocasións claras á contra. Un gran gol de Champi mantivo con vida aos costeiros ante un conxunto local dominante e con presión alta. Ao descanso chegábase cun 4-1, resultado excesivo para o visto na pista.

Na segunda metade os costeiros trataron de dar un paso adiante mentres as forzas acompañaron. A diferenza mantívose durante moitos minutos e Mario recurtou distancias cunha gran xogada individual. Co paso dos minutos e co desgaste acumulado, o Futsal A Baña acabou sentenciando para deixar o 7-2 final.

Ficha técnica

Pavillón: Municipal da Baña

Futsal A Baña:
Roberto, Yago, Jorge, Mateo, Diego; tamén xogaron: Nicolás, Rubén, Óscar, Carlos, Xosé, Martín, Iago.

Fisober FSF:
Brais, Champi, Mario, Pablo, Juan; tamén xogaron: David, Raúl, Iván.

Goles:
1-0, Diego (12´)
2-0, Brais, (pp),(13´)
3-0, Rubén (18´)
4-0, Jorge (19´)
4-1, Champi, (19´)
5-1, Yago (21´)
5-2, Mario, (32´)
6-2, Yago (35´)
7-2, Martín (36´)

Árbitros:
Carlos Suárez Blanco, Cristian Calo Dubra, Nicolás Antonio Cutrone.

Clasificación

O Fisober masculino ocupa a 10ª praza da clasificación con 21 puntos a 8 do 5 Coruña B que é o equipo que marca o primeiro posto de descenso.

17ª Xornada

A vindeira xornada o Fisober recibirá a visita do FSF Castro no Pavillón de O Conco, (Dumbría), o sábado 24 a partires das 21:00 horas, se non hai trocos.

-Foto e información : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”