PREFERENTE FUTGAL MASCULINA, (25ª Xda) : “O Fisober compite ata o final pero cae en Ordes (6-4)”.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA

25ª Xornada

JOGAFAN ÓRDES FS 6-4 FISOBER FSF

JOGAFAN:
Álvaro Iglesias, Noé, Ismael, Álvaro Pardo, David.
Tamén xogaron: Pablo, Anxo, Alberto, Iván e Mateo.

FISOBER:
Brais, Pablo, Juan, Mario, Iván.
Tamén participaron: David, Carlos, Champi, Raúl e Adri.

ÁRBITROS:
Carmen Rodríguez Grande, Víctor Manuel García Villaverde e Clara Ventura Santos.

GOLES:
1-0 (min.1)
2-0 (min.3)
2-1 Carlos (min.8)
2-2 Pablo (min.14)
3-2 (min.17)
4-2 (min.19)
5-2 (min.20)
5-3 Juan (min.32)
5-4 Juan (min.36)
6-4 (min.39)

CRÓNICA DO PARTIDO

O encontro disputouse na noite do mércores no pavillón municipal Castelao II de Ordes. O Fisober realizou novamente un bo partido, pero acabou penalizado por erros propios ante un rival con máis experiencia, que soubo aproveitar cada transición ofensiva.

O equipo costeiro reaccionou nas dúas metades grazas á súa insistencia ofensiva, xerando numerosas ocasións e elaborando boas xogadas que lle permitiron recortar distancias no marcador. A pesar das intervencións destacadas de Brais e David, o conxunto visitante non conseguiu sumar nunha pista complicada.

O Fisober mostrou superioridade en proposta de xogo e creación de ocasións, pero a falta de experiencia nos momentos decisivos marcou o resultado final. Un inicio de partido pouco acertado e un tramo final da primeira metade moi desfavorable, nos que cada perda de balón terminou en gol local, resultaron determinantes para o desenlace.

PRÓXIMA XORNADA

Na seguinte xornada, o Fisober recibirá ao Ribeira FS “B”, rival directo na clasificación que se atopa a só dous puntos, diferenza que actualmente marca a proximidade cos postos de descenso.

.

-Información e foto : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”