PREFERENTE FUTGAL MASCULINA , (24ª Xda) : “O Fisober Masculino que volve a xogar hoxe, escapouselle un encontro que chegou a empatar tras ir 0-4 ante o Meigallo”.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA 
24ª Xornada

Fisober FSF 5-8 Os Meigallos FS

Fisober FSF: Brais, Champi, Mario, Pablo, Juan.
Tamén xogaron: David, Raúl, Iván, Javi, Adri e Carlos.

Os Meigallos FS: Álvaro, Miguel, Gonzalo, Saúl, Fabián.
Tamén xogaron: Bryan, Brais, Borja, Francisco, Alonso, Jonathan e Alejandro.

Árbitros: Cristian Calo Dubra, Fernando Martínez Pose e Nicolás Antonio Cutrone.

Goles:
0-1 Gonzalo, (min. 2), 0-2 Gonzalo, (min. 3), 0-3 Jonathan, (min. 4), Jonathan, 0-4 (min. 12),
1-4 Juan (min. 13), 2-4 Mario (min. 16),
3-4 Pablo (min. 25), 4-4 Pablo (min. 26),
4-5 Brais, (min. 28), 4-6 Brais, (min. 29), 4-7 Pablo, (min. 33),
5-7 Carlos (min. 36), 5-8 Brais, (min. 37).


Crónica 

O encontro disputouse na tarde-noite do venres nas IDM O Conco de Dumbría, escenario dun partido que volveu demostrar a capacidade do Fisober para competir na casa ante calquera rival, independentemente do marcador.

O choque comezou cun ritmo moi alto e con numerosas ocasións para o conxunto local, que non conseguiu materializalas. Pola contra, Os Meigallos amosáronse moi efectivos nos contraataques, castigando cada erro defensivo ata situar un 0-4 inicial que resultaba excesivo polo visto sobre a pista.

Lonxe de baixar os brazos, o Fisober mantivo a intensidade e a confianza no seu xogo, consciente de que o resultado non reflectía o desenvolvido no encontro. Así, os locais reaccionaron antes do descanso, recurtando diferenzas e mantendo vivas as opcións.

Na segunda metade o guión mantívose similar. O empuxe local tivo premio con dous novos goles que supuxeron o empate (4-4), un resultado que si facía xustiza ao equilibrio vivido durante boa parte do partido.

Porén, dúas accións practicamente consecutivas na área local, sinaladas de maneira moi discutida, acabaron converténdose en dous goles visitantes que volveron inclinar o marcador. Os Meigallos, un conxunto moi sólido, aproveitaron con eficacia as súas ocasións e fixeron insuficiente o enorme esforzo do Fisober.

O partido rematou cun 5-8 final que deixou unha gran imaxe do equipo costeiro, aínda que sen recompensa en forma de puntos nun momento clave da tempada.


Clasificación

O Fisober mantense na 8ª praza con 31 puntos, 6 por enriba do descenso que marca o Fonsagrada con 25.

Hoxe a 25ª xornada para o Fisober

O Fisober FSF visita na 2ª xornada no día de hoxe 18 de marzal ao Jogafan Ordes FS, quinto clasificado e un dos equipos fortes da competición. O choque no Municipal Castela II de Órdes xogarase a partires das 22:30 horas.

.

-Foto e información : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”