PREFERENTE FUTGAL MASCULINA , (23ª Xda) : “O Fisober da remate a tempada cun trunfo que vale unha permanencia”.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA

-23ª Xornada-

Fisober FSF 3-2 Fonsagrada FS

Fisober FSF: Brais, Adri, Carlos, Larra, Juan. Tamén xogaron: Raúl, Iván, Mario, Javi, Pablo e David.

Fonsagrada FS: Xoel, Javier Pérez, Javier Regueiro, Javier Fernández, Marcos. Tamén xogaron: Pedro, Silban, David Fernández, David Quintela, Martín, Carlos e Hugo.

Árbitros: Carmen Rodríguez Grande, Víctor Manuel García Villaverde e Clara Ventura Santos.

Goles: 1-0 Larra, 2-0 Larra; 2-1, 3-1 Iván, 3-2.


CRÓNICA

O Fisober pechou a tempada cunha importante vitoria na tarde-noite do sábado nas IDM O Conco, nun encontro marcado polo gran ambiente nas bancadas. A afección da Costa da Morte respondeu nun momento clave, demostrando o seu apoio ao equipo nunha cita que se presentaba como unha auténtica final.

O partido foi moi igualado e tenso, especialmente durante a primeira metade. Os locais lograron abrir brecha con dous goles case consecutivos de Larra, que lles permitiron afrontar o descanso con certa tranquilidade e coa confianza reforzada tamén polas boas novas que chegaban desde Sarria.

Na segunda metade apareceron as dúbidas que viñan marcando os últimos encontros na casa, nos que o equipo acostumaba baixar o nivel tras o descanso. Porén, nesta ocasión o Fisober soubo manter a vantaxe e mesmo puido ampliala, certificando así a súa permanencia e afastándose dos postos de descenso directo, á espera de evitar posibles arrastres desde categorías superiores.

Con este resultado, o conxunto costeiro pon punto final á súa terceira tempada de existencia, cun balance de notable: un ascenso e dúas permanencias. Agora, o equipo afronta unhas semanas de descanso e reflexión antes de preparar unha nova campaña 2026-2027 na que buscará consolidar o crecemento amosado nestes primeiros anos.

Noraboa, equipo!!!…

.

-Información e fotos : Prensa Fisober FSF

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”