PREFERENTE FUTGAL MASCULINA
23ª Xornada
IM Rábade FS 9-3 Fisober FSF
O encontro non puido comezar mellor para os costeiros. Apenas transcorrido o primeiro minuto, unha gran acción colectiva remataba co 0-1, obra de Juan, sorprendendo ao cadro local. Incluso puido chegar o segundo pouco despois, nunha xogada moi similar que Pablo enviou fóra por escasos centímetros.
Co paso dos minutos o Rábade elevou a intensidade e conseguiu darlle a volta ao marcador cunha serie de accións moi efectivas. O Fisober mantíñase competitivo, xerando ocasións claras que non lograba materializar, mentres que os lucenses amosaban unha gran pegada ofensiva. A pesar das intervencións de Brais baixo paus, o descanso chegaba cun 5-1 excesivo polo visto sobre a pista durante a primeira metade.
Tras o paso polos vestiarios, o Fisober saíu novamente decidido, resistindo as chegadas locais cun destacado David en tarefas defensivas. Carlos recurtaba distancias e incluso estrelaba un balón no poste que puido cambiar o rumbo do partido. Porén, un penalti favorable aos locais na xogada seguinte acabou por romper definitivamente as opcións visitantes.
A partir dese momento, o desgaste físico fixo acto de presenza e o encontro converteuse nun intercambio constante que acabaría fixando o definitivo 9-3 nun partido entretido e disputado por ambos conxuntos.
Xornada 24ª
O Fisober xa pensa na próxima xornada, na que recibirá ao líder, Os Meigallos de Sarria.
Goles
0-1, Juan (1’)
1-1 (2’)
2-1 (3’)
3-1 (9’)
4-1 (15’)
5-1 (16’)
5-2, Carlos (27’)
6-2 (30’)
7-2 (31’)
8-2 (32’)
9-2 (33’)
9-3, Mario (34’)
Árbitros
David Becerra Rodríguez, Diego Barro Lamela e Carmen Díaz Paz.
Aliñacións
IM Rábade FS:
Saúl, Alejandro, Rodrigo, Borja e David; tamén xogaron Adrián, José María, Pablo, Luis Manuel, Sergio, Jesús Ignacio e Mario.
Fisober FSF:
Brais, Champi, Mario, Pablo e Juan; tamén xogaron David, Raúl, Iván, Javi, Adri e Carlos.
.
-Foto e información . prensa Fisober FSF
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”