PREFERENTE FUTGAL MASCULINA
-22ª Xornada-
Fisober FSF 3-2 Vilalba FS “B”
Fisober FSF: Brais, Champi, Raúl, Mario e Juan. Tamén xogaron: David, Iván, Javi, Carlos e Pablo.
Vilalba FS “B”: Ismael, Diego, Nuno Miguel, Javier e Pablo. Tamén xogaron: Alberto, Alain, Samuel e Hugo.
Árbitros: Brais Couto Carbia, Paulo Jorge Covelo Vieira e Nicolás Antonio Cutrone.
Goles:
0-1 | min. 22
1-1 | min. 24 | Carlos
2-1 | min. 36 | Mario
3-1 | min. 38 | Mario
3-2 | min. 39
CRÓNICA
Partido disputado na tarde-noite do sábado nas IDM O Conco de Dumbría, ao que ambos conxuntos chegaban igualados a puntos na zona media da clasificación, aínda que cun partido menos para o Vilalba, que xa fora capaz de impoñerse ao Fisober no encontro da primeira volta por unha marxe moi axustada.
A igualdade entre ambos equipos quedou reflectida nunha primeira metade sen goles, marcada polo baixo ritmo de xogo e polas boas intervencións dos dous porteiros nas poucas ocasións claras xeradas.
Tras o descanso, o partido gañou intensidade. O Vilalba adiantouse no marcador, pero a reacción local foi inmediata. Carlos e Mario, con dous disparos exteriores tras xogadas de banda, deron a volta ao encontro en apenas uns minutos.
Co marcador en contra, os visitantes apostaron polo xogo de cinco na recta final, mentres o Fisober defendía con solidez esta situación. Nun roubo en campo propio, Mario anotaba o terceiro tanto local, ampliando a vantaxe e confirmando o seu gran momento goleador.
Lonxe de renderse, o Vilalba recurtou distancias a falta duns vinte segundos para o final e aínda dispuxo dunha última ocasión moi clara para empatar, pero o erro visitante permitiu que os tres puntos quedasen finalmente en Dumbría.
Próxima xornada: o Fisober visitará na mañá do sábado a complicada pista do IM Rábade FS, terceiro clasificado da competición e recentemente descendido.
.
-Fotos e información : Prensa Fisober FSF
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
