PREFERENTE FUTGAL MASCULINA, (20ª Xda) : “O Fisober impón a súa lei e suma tres puntos clave na sua estrea en Baiñas”.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA 

XORNADA 20

FISOBER FSF 8-0 CLUB LEMOS FS

FISOBER: Brais, Carlos, Juan, Mario, Raúl; tamén xogaron: Champi, David.

LEMOS: Izan, Smaily Javier, Germán, Mikel, Miguel; tamén xogaron: Ángel, Manuel, Gael.

Árbitros: Adán Cabo González, Jorge Fernández Lojo e Mateo Ameneiro Boquete.

Goles:
1-0, Mario, (9´);
2-0, Carlos, (13´);
3-0, Carlos, (15´);
4-0, Carlos, (17´);
5-0, Mario;
6-0, David;
7-0, Carlos;
8-0, Mario.

Partido disputado na tarde-noite do domingo no Pavillón Municipal de Baiñas, escenario pouco habitual para encontros oficiais, pero moi coñecido polo equipo ao ser pista de adestramento cando as circunstancias así o requiren. Nunha fin de semana marcada polo Entroido en toda a bisbarra, viviuse por primeira vez un partido oficial na parroquia vimiancesa, cunha estrea inmellorable.

O Fisober chegaba ao encontro baixo mínimos, con varias baixas por lesión e algunha sanción, pero consciente da importancia do partido para seguir sumando de tres ante un rival moi necesitado de puntos. Dende o inicio, o conxunto costeiro levou o control do xogo, apoiándose nas boas actuacións de Brais e David, decisivos baixo paus con paradas de mérito.

Na segunda metade, David incluso se sumou á festa cun auténtico golazo ante o xogo de cinco do rival. Brais, pola súa banda, volveu rematar o partido como xogador de pista, ofrecendo en todo momento a súa mellor versión e adaptándose ás necesidades do equipo.

Completaron a gran actuación colectiva Carlos e Mario, con catro e tres goles respectivamente, prolongando o seu gran momento goleador grazas tamén ás asistencias de Raúl, Juan e Champi, nun encontro no que o Fisober foi superior de principio a fin.

Na vindeira xornada, o Fisober visitará a sempre complicada pista do Troula FS, un rival que actualmente se atopa cun punto máis na clasificación.

.

-Foto e información : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”