PREFERENTE FUTGAL FEMININA, (29ª Xda) : “O Fisober pecha a liga cunha derrota e a mirada posta nun futuro prometedor”.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA 
-29ª Xornada-

Fisober FSF 2-5 Viaxes Amarelle FSF

Fisober FSF: Sharay, Paula, Sabela, Kenny, Saray Duarte.
Tamén xogaron: Carla Beiro e Lara.

Viaxes Amarelle FSF: Andrea, Laura, María, Elba e Daryna.
Tamén participaron: Sofía, Lucía Yu e Sila.

Árbitras: Aya Fathallah Arssalane e Alba María Castillo de Faria.

CRÓNICA

O Fisober puxo o punto e final á súa participación ligueira esta temporada cun encontro disputado na tarde do sábado nas IDM O Conco fronte ao Viaxes Amarelle FSF. As costeiras despediron o curso diante da súa afección nun choque no que o marcador acabou favorecendo ao conxunto visitante por 2-5.

Máis alá do resultado, o partido serviu para pechar unha campaña moi positiva para o cadro muxián, que logrou cumprir o principal obxectivo da permanencia con varias xornadas de antelación. O gran rendemento ofrecido durante a segunda metade da competición permitiu ás xogadoras afrontar este tramo final con tranquilidade, despois dunha reacción sobresaliente no campionato.

O equipo volve demostrar o potencial dun proxecto baseado na xuventude e no compromiso colectivo. A pesar das dificultades ao longo da temporada, cun plantel curto e condicionado polas baixas, o grupo soubo competir en todo momento e remata o ano deixando sensacións moi esperanzadoras de cara ao futuro.

.

-Fotos e información : Prensa Fisober FSF

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”