Preferente Futgal Feminina
-Xornada 28ª-
SD A Gaiola 7-0 Fisober FSF
O Fisober FSF pechou a súa última saída da temporada cunha derrota contundente ante a SD A Gaiola no pavillón de Santa Isabel, en Santiago de Compostela. As costeiras acudían á cita moi condicionadas polas baixas importantes nun plantel xa de por si curto, fronte a un conxunto local que buscaba asegurar matematicamente a permanencia.
Desde o inicio do encontro, o dominio correspondeu ás santiaguesas, que levaron o peso do xogo e xeraron numerosas ocasións de perigo. A actuación de Sharay baixo paus evitou un marcador aínda máis amplo, converténdose nunha das xogadoras máis destacadas do cadro visitante.
O Fisober tamén dispuxo dalgunha chegada para tentar reducir diferenzas e maquillar o resultado, pero a falta de acerto ofensivo e o empuxe local impediron ás costeiras entrar no partido.
Con este encontro, o equipo despide os partidos a domicilio nesta campaña e xa pensa na derradeira xornada ligueira.
Na última cita da temporada, o Fisober FSF recibirá en Dumbría ao veciño Viaxes Amarelle FSF, cuarto clasificado da categoría, nun duelo que servirá para poñer o peche a unha boa temporada das costeiras.
Ficha técnica
Fisober FSF: Sharay, Ana, Sabela, Kenny, Saray Duarte; Carla Beiro e Lara.
SD A Gaiola: Marta Rodríguez, Laura, Alejandra, Marta Ríos, Estela; Andrea, Xenia, Noa e Ainara.
Árbitros: Francisco Pena Torreira e Cristian Calo Dubra.
.
-Información e fotos : Prensa Fisober FSF
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
