PREFERENTE FUTGAL FEMININA, (26ª Xda) : “O Fisober FSF non pode co Cidade As Burgas nun partido marcado polas baixas”.

O Fisober FSF caeu en Ourense ante o Cidade As Burgas por un contundente 10-2 nun encontro disputado na mañán do domingo. O conxunto da Costa da Morte presentouse con innumerables baixas, nun duelo sen presión clasificatoria tras ter acadado xa os obxectivos da temporada.

O partido puxo moi costa arriba para as visitantes, aínda que nunca deixaron de competir. Paula Fandiño anotou o primeiro tanto do Fisober (3-1), mentres que Noa Sambad fixo o segundo (9-2) nun encontro no que o rival amosou unha gran efectividade.

A pesar do resultado, as xogadoras do Fisober afrontaban o choque con tranquilidade e coa satisfacción dunha gran segunda volta, clave para cumprir os obxectivos do curso.

Vindeira xornada

Na vindeira xornada, o Fisober recibirá na casa ao líder da categoría, Stellae Leis Cidade de Pontevedra FS, o vindeiro sábado a partires das 19:00 horas no Pavillón de O Conco, (Dumbría), nun novo reto para seguir competindo ata o final.

A destacar : O gol da xovencísima muxiana, Noa Sambad, campiona o pasado ano de Galicia e de España co Fisober Infantil.

FICHA TÉCNICA

Cidade As Burgas FS: Dunia, Sonia, Sofía, Elena, Ana; Tamén xogaron : Antía Yanire, Clara, Ireka, Emma, María.

Fisober FSF: Sharay, Paula, Carla Lago, Sabela, Lara; Tamén xogaron : Noa, Carla Beiro.

Goles: 3-1 Paula Fandiño e 9-2 Noa.

Árbitros: Michael Alexander Weber e María Jesús Vélez Tercero.

Incidencias: Partido disputado na mañá do domingo en Ourense.

.

-Foto e información : Prensa Fisober FSF

-Texto : Xosé Búa “Pirata”