PREFERENTE FUTGAL FEMININA
XORNADA 23
FISOBER FSF 3-3 5 CORUÑA FS
FISOBER FSF: Sharay, Paula, Carla Lago, Ana, Sabela. Tamén participaron: Kenny, Carla Beiro, Saray Duarte e Lara.
5 CORUÑA FS: Clara, María, Claudia, Alba Canosa, Ivana. Tamén xogaron: Rosalía, Alba Vázquez, Paula, Noelia e Natalia.
ÁRBITROS: Jorge Fernández Lojo e Marco Antonio Formoso Leis.
GOLES:
0-1 (min. 4)
0-2 (min. 12)
1-2 Carla Lago (min. 17)
1-3 (min. 18)
2-3 Paula (min. 21)
3-3 Kenny (min. 26)
O pavillón municipal de Miraflores, en Muros, acolleu na noite do venres un encontro intenso coincidindo coa ponte de San Xosé, no que o Fisober recibiu a un rival xa coñecido como o 5 Coruña FS.
O inicio do choque non foi sinxelo para o conxunto costeiro, que tivo que reaccionar ante dous goles visitantes nos primeiros minutos. Aínda que Carla Lago reduciu distancias, o equipo coruñés volveu ampliar a vantaxe antes do descanso, deixando un marcador de 1-3 que obrigaba ás locais a remar na segunda metade.
Tras o paso polos vestiarios, o Fisober amosou unha mellor versión e saíu decidido a cambiar o rumbo do partido. Paula anotou rapidamente o segundo tanto e, pouco despois, Kenny igualou o encontro cun gol que acabaría fixando o definitivo 3-3. As locais aínda dispuxeron de ocasións para completar a remontada, pero o marcador xa non se movería.
O empate permite ao Fisober continuar sumando nun momento clave da tempada e achegarse un pouco máis ao obxectivo da permanencia, cada vez máis ao alcance.
Vindeira xornada
Na próxima xornada, o Fisober desprazarase a Vigo para enfrontarse ao Balaídos, nun novo compromiso esixente.
.
-Información e fotos : Prensa Fisober FSF
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
