PREFERENTE FUTGAL FEMININA, (22ª Xda) : “Importantísima vitoria do Fisober FSF a domicilio ante un rival direto pola permanenza”.

PREFERENTE FUTGAL FEMININA 
22ª Xornada

Lago Sport 1-2 Fisober FSF

 Lago Sport: Nerea, Inés, Laura García, Andrea Montero, Patricia; tamén xogaron : Andrea Cruz, Laura Fernández e Sara.

 Fisober FSF: Sharay, Paula, Carla Lago, Kenny, Saray Duarte; tamén participaron : Ana, Carla Beiro e Sabela.

 Árbitros: Manuel Castro Fernández e Xavier Rey Feal.

 Goles:
1-0 Laura (19´)
1-1 Ana (22´)
1-2 Kenny (26´)

Crónica

O encontro disputouse na tarde-noite do sábado no Pavillón Municipal das Pontes, ata onde chegaba o Fisober nunha situación relativamente cómoda na clasificación, pero consciente de que unha derrota podería dar vida a un rival directo e achegalo novamente á loita polo descenso.

A primeira metade estivo marcada pola igualdade e polas ocasións para ambos conxuntos, cunha destacada actuación de Sharay baixo paus, clave para manter o empate durante moitos minutos. Porén, as locais lograron adiantarse no marcador no tramo final do primeiro tempo.

Lonxe de acusar o golpe, o conxunto costeiro amosou a competitividade que o está a levar cara á permanencia. Primeiro, cunha boa xogada culminada pola eterna capitá Ana, chegou o empate; pouco despois, Kenny completaba a remontada cun novo tanto que resultaría definitivo.

O marcador xa non se movería ata o asubío final, certificando unha vitoria de enorme valor que supón un paso moi importante cara á salvación. Aínda que non é matemática, a permanencia está agora máis preto ca nunca.

Clasificación

 O equipo fisoberista chega aos 30 puntos e ocupa unha bastante cómoda 9ª posición tras esta importantísima vitoria ante un rival que podía apretar as cousas a falla de ainda 9 xornadas para o final.

Vindeira xornada

 O Fisober FSF recibirá na 23ª xornada ao 5 Coruña FS en Dumbría a vindeira fin de semana.

.

-Información e foto : Prensa Fisober FSF

-Montaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”